Comecei a ler http://mundocadaver.livejournal.com (o blog inicial de Apocalipse Zombie) alá polo 2006, cando era usuario asiduo de livejournal (onde coñecín a miña actual parella). Tras 2 anos de espera tocoume comprar a edición de Dolmen de Apocalipse Z para decatarme de como remataba a historia.
O libro foi un bombazo e provocou todo o que aconteceu despois coa liña Z, somosleyenda.com, etc.
A segunda parte tamén a comprei en papel e puidestes ler o comentario aquí. Esta vez quería lelo canto antes e preferín collelo en formato dixital. Como sabía nome e editorial, tras un par de buscas cheguei á web oficial de Random House Mondadori http://www.megustaleer.com
A páxina non é moi intuitiva, pero logrei chegar ao libro. 17,90 € en papel e 11,99 € en formato ebook. O desconto do 33% paréceme pouco tendo en conta o aforro en custos e que as versións para iPhone da liña Z de Dolmen están a 1,59 € (incluída a primeira Apocalipse Z).
Tras pulsar "COMPRAR", o que me aparece é un listado de tendas online. Na maioría delas NON está dispoñible nese formato, así que teño que ir probando ata atopar unha que si o tivese.
Tras introducir o meu nº de tarxeta, recibo un correo electrónico cunha nada claro texto subliñado.
Ocórreseme facer clic e lévame a un arquivo "URLLink.acsm"
Windows non sabe que facer con el nin buscando en internet así que fago a busca pola miña conta e me decato de que teño que descargarme o Adobe Dixital Editions. Tras a súa peculiar instalación, teño que rexistrarme obrigatoriamente, aínda que sen ter que esperar mails de confirmación.
Ao abrilo non atopo forma de cargar o arquivo, así que o arrastro, e por fin comeza a escargarse o meu ebook.
Á fin téñoo visible no programa de Adobe, pero resulta que o libro (que agora teoricamente xa é meu para lelo onde e como queira) está encriptar e polo tanto só podo exportalo a un reducido número de dispositivos.
Conclusión: Non imos deixar de ler libros en formato papel, pero aos que queremos pagar por telo en formato dixital tampouco nolo poñen moi doado.
10 may 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario