¿Cthulhu e Mechas? ¿Pero isto pode funcionar? Os mitos de Cthulhu están ambientados na súa maioría nos anos 20, con algúns relatos doutros autores na actualidade. Pero levalos a un futuro da terra con mechas é algo novo, e que funciona bastante ben.
A premisa básica é que a humanidade progresou o suficiente para atraer a atención dos Migou (unha idea que tamén aparece en Delta Green, aínda que no mundo actual), que deciden visitar a Terra (en realidade, invadila), ao tempo que a Esotérica Orde de Dagon decide abandonar os océanos e darse a coñecer a humanidade. Así que a humanidade se enfronta a unha guerra en varias frontes que está a perder, e se aínda non foi derrotada é porque os seus inimigos consideran os humanos unha ameaza menor.
O sistema de xogo está pensado para ser rápido e apoiar a narración, e aínda que parece un pouco raro ao principio, adáptase un rapidamente ao. Emprega habilidades, o rango da cal determina cantos dados de dez caras tiras. Escóllese o valor máis alto, a menos que saian dados repetidos (4, 4, 4) ou unha cadea consecutiva (4, 5, 6).
CthulhuTech preséntanos un funesto escenario co que poderían ser os últimos días da humanidade, con persoas que traballan arduamente para evitalo, mentres que outras languidecen e o que é peor, outras conspiran para acelerar o seu caida.
En resumidas contas, CthuhuTech é un xogo atractivo, ben editado, e que combina diversos xéneros nun xogo moi interesante se non che importa esta interpretación da obra de Lovecraft
CthulhuTech
Edge Ent.
Cartoné
288 páxinas a cor
21 may 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario