26 feb. 2010

Pluto




Autor: Naoki Urasawa / Osamu Tezuka
Edita: PlanetaDeAgostini
Xénero: Seinen

7 de Abril de 2003. Esa foi a data de nacemento que elixiu Osamu Tezuka para o protagonista de "Astroboy", cando se empezou a publicar nos anos 50. Hai xa uns cantos anos que deixamos esa data atrás, pero o 2003 foi indubidablemente o ano Astroboy: reemisions, reedicións, nova serie de animación e... Pluto, manga realizado para a ocasión por Naoki Urasawa.

24 feb. 2010

Hágalo usted mismo



Autor: Andy Riley
Edita: Astiberri

Del autor dos imprescindibles tomos "Os Conejitos Suicidas" e "Grandes Mentiras para nenos pequenos" (máis as súas continuacións), chéganos outra irreverente serie de imaxes sen texto pero con moito humor, meténdose esta vez co mundo dos inventos e as solucións absurdas a problemas cotiáns.

20 feb. 2010

Dixit




Autor: Jean-Louis Roubira
Ilustracións: Marie Cardouat
Edita: Morapiaf

Dixit gañou o Premio do Público no Festival Internacional de Xogos Córdoba 2009 e o JdA 2009 ao Xogo de mesa do Ano en España.
Merecidos premios para un Party Game diferente, especialmente enfocado a desenvolver a creatividade.

19 feb. 2010

One Piece





Autor: Eiichiro Oda
Edita: Planeta DeAgostini
Xénero: Shonen

Comezou a publicarse en Xapón en 1997 na revista Shonen Jump conseguindo ser o manga máis vendido da historia da devandita revista con máis de 158 millóns de copias. Na enquisa realizada pola Axencia de Cultura Xaponesa, sobre os 50 mellores animes e mangas de Xapón, One Piece alcanzou o posto 11.
En España xa podemos gozar do tomo número 50.

17 feb. 2010

¡Escucha esto!





Autor: Manuel Bartual
Edita: Astiberri

Como indica a portada, neste libro recompílase o mellor do blog
musical que o autor levou dende Setembro do 2007 na web de MTV
España.
Nel faise un repaso de máis cotián, próximo e costumbrista a todo o
que rodea ao mundo da música, moi na liña das creacións do xenial
Mauro Entrialgo, sempre en clave de humor para todos os públicos.

13 feb. 2010

Dominion: Intriga



Dominion: Intriga é unha expansión independente de Dominion, que permite ampliar o nº de xogadores de 4 a 8, e trae todos os Tesouros e Vitorias necesarios para xogar sen ter o orixinal, pero todos os demais sets son completamente novos, por se se desexa mesturalos co orixinal.

12 feb. 2010

Midori





Autor: Kazurou Inoue
Editorial: Ivrea
Xénero: Shonen

Na versión ao español o manga é chamado "Midori échame una mano", aínda que o título orixinal é "Midori no Hibi", está baseado no nome da celebración tradicional xaponesa "Midori no hi" (día do verdor). A palabra "hibi" non é máis que o plural de "hi" (día), e "Midori" é a cor verde.
Rematou de publicarse en Xapón no 2004 e consta de un total de 8 tomos que xa podemos gozar completos grazas a Ivrea.

9 feb. 2010

Fiz nos Biosbardos


Autor: Kiko Da Silva
Edita: BD Banda

Un dos personaxes máis populares da segunda etapa de "Golfiño", o suplemento infantil semanal da "Voz de Galicia".
Fiz é un neno extraordinariamente imaxinativo, e capaz de auténticas proezas sobrehumanas no manexo dos mocos.

6 feb. 2010

Caos en el Viejo Mundo



Autor: Eric M. Lang
Edita: Edge

En "Caos en el Viejo Mundo" cada xogador toma o control dun dos 4 poderes do Caos de Warhammer, enfrentandose entre eles para conseguir o taboleiro.
É máis rápido e sinxelo do que parece, o taboleiro é parecido ao de Risk Señor de los Anillos, pero as estratexias son máis variadas, e as diferentes figuras de cada exercito son unha verdadeira gozada.

Cada Dios do Caos xoga de forma moi diferente: Khorne, o guerreiro, intenta derrotar ao máximo de figuras inimigas por quenda; Nurgle, o corruptor, intenta encher coas súas figuras o máximo de rexións; Tzeentch, o modificador, cambia todo o taboleiro coas súas cartas; e Slaanesh, o tentador, busca corromper nobres.

5 feb. 2010

Bleach



Autor: Tite Kubo
Edita: Glénat
Xénero: Shonen (manga para rapaces de 14 a 18 anos)

Comezou a publicarse en Xapón en Agosto de 2001. Tanto o anime como o manga alcanzaron un  grande éxito dentro e fóra de Xapón. No ano 2005, o manga obtivo o premio Shogakukan na categoría shonen, un dos premios máis prestixiosos, que se dá anualmente en Xapón.
Nun ranking publicado por TV Asahi sobre os cen mellores animes do 2006, Bleach alcanzou o posto sete, no 2008 foi o quinto manga máis vendido en Xapón, mentres que no 2009 foi o terceiro.

4 feb. 2010

Los Abandonados




Autor: Ross Campbell
Ed: Dibbuks

Zombies. Outro máis. Coma se a actual avalancha de cómics, libros, películas e todo o relacionado cos mortos viventes non fose suficiente. Hai moito, e non todo bo. Pero neste caso, como na serie "Os Mortos Viventes" de Robert Kirkman, ou a escollida este mes, "Los Abandonados" de Ross Campbell.

O autor de "Wet Moon" tráenos esas formas inconfundibles, personaxes interesantes e con vida propia que fai que os seus esforzos para sobrevivir nos cheguen moi fondo e suframos, e moito, cada vez que lles acontece algo. E dada a temática do tomo, vailles pasar, e a moitos deles.

1 feb. 2010

Novidades Febreiro


PARECER É MENTIR, de Dominique Goblet: Tráxica autobiografía real con pésimos debuxos pero gañadora do Salón de Xenebra.
XBLADE tomo 2 de Tatsuhiko Ida e Satoshi Shiki: rapaza que se converte en espada e rapaz loitador. Moita, pero que moita acción.
FELON de Greg Rucka e Matthew Clark: Anti heroína sen escrúpulos en busca do botín pola que a traizoaron. Engancha.