13 dic. 2010

Torneo Cidade Do Mar



Torneo Magic e Demo Dominion

Este Sábado día 18 de decembro celébrase a partir das 10:30 na Casa da Xuventude de Ferrol (Rua Almendra 9) o Torneo de Magic Legacy "Cidado Do Mar", o máis importante realizado ata a
data en Galicia, con Patrocinio de Metrópoles Cómics, o Concello de Ferrol e a Deputación da Coruña.

Podedes levarvos un Mox Ruby e unha viaxe + estanza en Paris. + info en http://www.metropoliscomics.net/foro/Metro/viewtopic.php?t=569

Para aquelas persoas que queiran comezar nisto de montar os seus mazos peor non saiban como, temos demo do DOMINION en Metropolis Comics (Rúa ) o miercoles 15 e xoves 16 de 18 a 21 horas, para que amigos non xogadores e noivas de xogadores de Magic entendan de forma doada e rápida que é o que vicia tanto.

2 dic. 2010

Lote Comics



A resposta correcta á pregunta que vos faciamos en Novembro é "In Requiem", de Rebeca Saray.

Entre todos os que enviastes a resposta correcta ao noso correo ou ao noso facebook realizamos o sorteo usando a ferramenta http://www.sortea2.com

e o gañador do lote dos 6 cómics de Norma foi:

Roberto Saavedra, de Ferrol.

Antes de nadal terá na súa casa os volumes, e todos os demais permanecede atentos porque esperamos poder ofrecervos máis material en breve.

Podedes comprobar os participantes, data, hora e demais datos en http://www.sortea2.com/versorteo/15516

1 dic. 2010

Novidades Decembro


Planeta tráenos unha auténtica delicia para os mozos de todas as idades: "O bosque de Lump", do inconfundible mestre Azpiri, esta vez na súa vertente máis tenra e amable.

Norma estrea todo un acontecemento mediático arredor de Salmah Star, con cómic, novela, disco, xogo e presentacións por toda España. Mestizaxe de ecoloxía, cabaré, baile e danza.

O xenial guionista Grant Morrison (Doom Patrol, Invisibles, 7 Soldiers) móstranos en "18 días" un adianto da súa serie animada baseado na lenda india de Mahabarata, que xa influíse no seu
Vimanarama.