Guion e Debuxo: Tomoko Ninomiya
Editorial: Norma
Xénero: Josei
Comezou a publicare en Xapón en Xullo do 2001 na revista Kiss. En 2004 recibiu un premio por mellor manga shoujo por Kodansha. Foi adaptada no seu Xapón natal como dorama (serie de imaxe real) de 11 capítulos máis dous especiais e tamén a adapto en anime emitido a través da cadea Fuji TV, contou con dúas tempadas en 2007 (23 episodios) e, posteriormente, 2008 (11 entregas), ademais dun especial en vídeo. Ambas as dúas tempadas apareceron en Noitamina, o colector que ten esta cadea para a animación destinada a un público adulto. Tamén se estreou unha nova tempada en Xaneiro de 2010 de 11 episodios.
Shinichi Chiaki é un dos mellores estudantes de piano do conservatorio de música momogaoka, así como un excelente intérprete de varios instrumentos utilizados en orquestras. pero o seu verdadeiro sono é seguir os pasos do seu mentor, Sebastiano Vise ou "Vise-sensei", e converterse nun director de orquestra. Tras unha disputa co seu titor de piano, Chiaki é transferido ás aulas dos "casos perdidos", onde coñece a Megumi Noda, alcume Nodame. Unha rapaza un tanto extravagante de segundo ano intérprete de piano e con quen o protagonista entaboa unha estraña relación amigable. Entre esta relación, a carreira profesional de Chiaki comezase a tomar un novo sentido xa que irá coñecendo varias persoas moi particulares co mesmo amor pola música.
E a partir de aquí a historia irá xirando con varios toques de humor e romance que calquera afeccionado a este xénero saberá gozar.
En España xa se pode gozar do tomo 20, así que xa sabedes... ¡ A ler! ^o^
6 may 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario