O xénero negro sempre tivo unha repercusión especial, é raro o mes en que non hai algunha estrea de cinema que non sexa de policías ou mesmo de criminais.
Corrupción en Miami, The shield, Infiltrados, Los Soprano, e moitas máis forman xa parte da nosa cultura. "Todo o que teño nesta vida é os meus cojones e a miña palabra", esta frase foi moi popular nos 80, e popularizouna Antonio Montana "Scarface", un dos gansters máis violentos do cinema, e que recentemente se converteu en videoxogo, "Scarface: O prezo do poder".
Con esta presenza mediática, libros películas, series de TV, e videoxogos, solo era cuestión de tempo que alguén intentase plasmar o mundo do hampa, das bandas vagabundas, das comisarías, aos xogos de rol.
Con moi pouca diferenza de tempo saíron no noso país dous xogos de rol dedicados a este xero, Rol Negro, de Edicións Sombra, que se centra nas historias de corte máis clásico, como no "falcón maltés" ou na máis recente "A dalia negra". Deste xogo falarei noutro tema, dado que me gustaria centrarme no segundo xogo publicado, sLAng: Historias sobre unha mesma historia, de Nosolorol.
Slang é un xogo que ten como referente obras de autores como Quentin Tarantinoo Spike Le, ou mesmo a famosa serie de GTA. É un xogo que busca involucrarnos nas historias do cinema negro contemporáneo, ser un membro da mafia, das bandas crips, dos rapaces de azul ou mesmo do FBI ou os SWAT.
O xogo emprega un sistema sinxelo, que os autores chaman Gauss. Baséase en tirar dous dados de 6 caras, un que dará un resultado positivo (é dicir, sumará á tiraxe), e outro negativo (restará á tiraxe). O resultado final engádese á nosa puntuación básica (que depende dos nosos atributos e habilidades), e se con isto o resultado total é de 0 ou superior, tivemos éxito.
O sistema de xogo é moi sinxelo, e pode que a algún afeccionado lles soe, pois é moi similar ao doutro grande xogo, Feng Shui, aínda que a diferencia deste, Slang si inclúe un sistema completo de creación de personaxes.
En canto á ambientación, esta é a vida real, aínda que claro, vista dende o prisma do cinema negro. O libro inclúe descricións de bandas vagabundas, mafias (e yakuzas e triadas) e axencias da lei, co que poderemos ambientar a nosa serie no lado escuro de Los Ángeles, ou no dos esforzados axentes policiais que nela traballan.
Se temos dúbidas, ou non sabemos como comezar, o libro preséntanos unha serie de argumentos para crear os nosos capítulos (ou módulos), ademais dunha aventura completa. Isto último é de agradecer, pois moitas veces non tes moi claro como empezar a xogar, xa sexa por como ambientar unha partida ou simplemente como empregar as regras (de feito, moitos xogos non a inclúen, polo que os rapaces de Slang deben anotarse un tanto pola axuda que prestan así aos directores de xogo).
Se queredes probar o xogo, a forma máis sinxela é coa versión lite (ou breve): sLAng: A queimarroupa, unha versión reducida do xogo, que por dous euros vos permitirá comprobar se é un xogo para vós. Claro, que se non queredes gastar os 2€ podedes descargalo gratuitamente dende a web dos creadores nun cómodo pdf.
Non creo que con esta recensión fixera xustiza a este xogo, así que se vos gusta o cinema negro, e queredes ser por unha vez os protagonistas da historia, atrevédevos a darlle unha oportunidade.
Se queredes coñecer máis detalles deste xenial xogo, podedes visitar as seguintes páxinas:
sLAng: historias sobre unha mesma historia
Manual básico
350 páxinas en branco e negro, portada a cor e encadernación rústica
Escrito por Manuel J. Sueiro e Anxo Paredes coa
colaboración de Rosendo Chas e Francisco José Estupiña
Ilustrado por Pablo Fernández, Alejandro Monge e Jaime
García
Prezo 28,95 €
14 may 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario