28 may 2011

Canción de Fuego y Hielo

Canción de Lume e Xeo é unha das sagas de fantasía máis importantes dos últimos anos, cunha incontable lexión de seguidores ao longo do mundo. Era pois inevitable que dese o salto ao xogos de rol.



Tras un intento bastante digno por parte da editorial canadense Guardians of Order coa súa versión baseada no sistema d20 (aínda que a edición deluxe incluía unha versión adicional baseado no sistema Tri-Stat), a editorial americana Green Ronin preséntanos o seu xogo que emprega un sistema novo.

O xogo emprega un sistema de regras que foi creado para o. emprega dados de 6 caras, tirando tantos como teñas na túa habilidade. Non é un sistema moi orixinal, pero cumpre a súa función.
O principal problema é que o sistema non parece moi traballado, con varias lagoas (non moi importantes iso se) que ten que cubrir o director de xogo. En cambio outros aspectos se están bastante cubertos, como incluír regras de batallas e de creación de casas nobres, que contribúen notablemente a manter o "sabor" da ambientación única de Xogo de Tronos.
Non obstante se hai apartados do manual que son bastante escasos, especialmente a de adversarios, opoñentes e monstros, que son bastante curtas e parcas en detalles.

Outro aspecto que non me impresionou moito do libro é a sección de arte. Ten abundantes ilustracións a cor, e aínda que algunhas son moi boas, hai outras en cambio que son, francamente, regulares, e que destacan (negativamente9 fronte ao resto.

Aínda que é certo que Green Ronin ten planeadas unha serie de suplementos (incluíndo a Guía de Campaña de recente publicación en España), a brevidade coa que trata determinados aspectos parécenme inadecuadas para un manual básico, o que unido aos seus sistema non moi pulido e o nivel da súa arte irregular, fan que non sexa un xogo que destaque de xeito sobresaínte.

Se tivese que puntualo, creo que quedaría cun 7 de 10, o que por certo, tendendo en conta o libro en se, paréceme un pouco caro.

Canción de Fuego y Hielo
Editorial Edge Ent.
Cartoné
224 Páxinas a cor
34,95 €

No hay comentarios:

Publicar un comentario