19 may 2010

El Arte de Volar




Guión: Antonio Altarriba
Debuxo: Kim
Ed: Astiberri

Ao cómic chámaselle "A novena arte". Hai moitos aos cales lles parece unha esaxeración. Que non se pode comparar unha novela cunha historieta. Que os contos son para nenos e son un xénero "menor". Os que pensan así deberían ler "A Arte de Voar", e recapacitar sobre o devandito pre xuízo.

Tratar de comprimir a historia do libro nunhas poucas liñas non fai xustiza a todo o que encerra. Conta a vida de Antonio, o propio pai do guionista Antonio Altarriba, e o que acontece dende a súa infancia ata o seu suicidio defenestrándose nunha residencia pola que cae 4 plantas, que son as partes en que están divididos os seus 90 anos de vivencias, alianzas, amores, guerras, triunfos, sonos e derrotas.

17 may 2010

ExpOtaku e Imperial Stormtroopers



Dous eventos que non te podes perder esta fin de semana en Galicia:

Este venres 21 de maio de 5 a 7 da tarde desfilarán os Imperial Stormtroopers por todo o centro de Santiago.
Coincidindo co 30 aniversario da estrea de El Imperio Contraataca, máis de 80 tropas imperiais e 140 personaxes da saga Star Wars poboarán a capital compostelan.
Percorrido, horarios e info de talleres en http://www.imperialstormtroopers.com

O Sábado 22 e o domingo 23 de maio de 10 da mañá a 8 da tarde a cita será en Coruña en ExpOtaku, dedicado ao Manga, Anime, Cosplay e a cultura xaponesa.
Haberá stands, talleres, xogos, exposicións, charlas, música...
Como chegar, horarios, actividades e inscricións en http://www.expotaku.com/?page_id=32

13 may 2010

Frank Frazetta




Ed: Planeta
Autores: Joshua Ortega, Nat Jones e Jay Fotos

O pasado luns día 10 de Maio morría aos 82 anos Frank Frazetta, un dos maiores ilustradores do século XX.

Clara influencía de incontables autores, un dos seus máis míticos personaxes, Death Dealer, orixinou varios cómics, como os debuxados por Simon Bisley para a editorial Verotik de Glen Danzig, cantante de Misfits.

3 may 2010

Salon Barcelona 2010


Moitas novidades este mes, debido á 28 edición do Salón do Cómic de Barcelona, que se celebra do 6 ao 10 de Maio na cidade Condal.
O venres haberá unha presentación-coloquio coas novidades dos autores galegos, e Mergulladas estará alí.
O próximo luns contarémosvos todo o que máis nos chamou a atención.