9 may 2011

Novidades Maio


Á fin temos nas tendas "A Ira dos Justos, o capítulo final do libro que comezou a epidemia zombie en España: "Apocalipse Z", do galego Manel Loureiro. Na súa 1ª semana xa está entre os 10 libros máis vendidos. En canto o devoremos comentámosvos se está á altura do marabilloso primeiro ou polo menos do aditivo segundo.

O venres 13 de maio estréase nos nosos cines "El Sicario de Dios", acción palomitera adaptando do inicialmente recomendable pero logo irregular manhwa "Priest" de Min-woo Hyung, editado
por Norma, que aproveita para sacar unha precola feita en usa, "Purgatorio", afastada do peculiar debuxo do coreano aínda que siga a temática de mesturar western e vampiros.


"Superman/Batman: Apocalipse" de Jeph Loeb (Batman: El largo Halloween) e Michael Turner (Fathom) é a cómic que inspirou a película de animación do mesmo título en que os dous protagonistas (xunto a Wonder Woman) se enfrontan a unha posible supervivente de Krypton (Planeta)

Panini publica un tomo afastado dos seus habituais superheroes: "Cuba: A miña Revolución", en que Inverna Lockpez narra as terribles experiencias vividas dende o seu apoio ao réxime ata o exilio.

Glénat tráenos unhas desas Edicións Integrais que tanto gústanme: "A Emperatriz Vermella", dos franceses Jean Dufaux e Philippe Adamov, en que se nos narran as loitas internas dunha Rusia alternativa levada a un futuro apocalíptico.

Nótase que tras o aluvión de novidades de Abril co Salón de Barcelona, Maio vén máis ben tranquilo...

http://www.normaeditorial.com/novedades/Mayo11.pdf
http://es.scribd.com/doc/52599050/Novedades-Planeta-DeAgostini-Mayo-2011
http://www.paninicomics.es/PortletCMS/servlet/DownloadResourceServlet?id_file=309
http://www.edicionesglenat.es/PDFNovs/NovedadesGlenat2011-5cast.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario