31 jul. 2010

Starcraft II


Xa analizamos os cómics e o xogo de mesa baseado no Starcraft. Pero é que tras 12 anos dende que saiu a primeira parte, á fin podemos gozar do xogo máis agardado da historia (xunto ao Diablo 3, tamén de Blizzard). O seu desenvolvemento custou máis de 100 millóns (custeados a base de cotas mensuais do World Of Warcraft), que recuperaron directamente no primeiro día de venda (27-07-10), unha terceira parte dos cales foron por descarga dixital. Conseguiu un 97 en Metacritic, alzándose como o Xogo con millores críticas da historia do Pc, por enriba de Bioshock ou Half Life 1 e 2. Pero... tan bo é ?

A segunda parte do Starcraft volve presentarse como unha xogo de estratexia en tempo real (como Age Of Empires, Warcraft ou Command & Conquer), nun ambiente futurista coas tres razas orixinais enfrontadas entre si para conseguir os minerais e o gas necesarios para desarollar e vencer os seus inimigos.

28 jul. 2010

Ranx



Autores: Tamburini e Liberatore
Edita: La Cúpula

Outro clásico imprescindible en edición Integral: RANX, un xero sintético de plástico e metal que vive namorados dunha lolita sen escrúpulos nun futuro cyberpunk canalla e descarnado, pero que realmente reflicte a sociedade marxinal dos 80 en que viviron os seus autores.

O nome do cómic inicialmente era Rank Xerox, pois o seu cerebro é o dunha fotocopiadora, pero os autores tiveron que acurtar o nome ante a ameaza de demanda por parte da marca XEROX.

24 jul. 2010

HysteriCoach



Creador: Walter Obert
Edita: Edge

Tras a vitoria de España no Mundial, desatouse aínda máis o furor pola vermella e o deporte rei.
Pero como encher o oco ata que comece a liga ?
De que falar cos colegas nas próxima reunión da súa casa, en que ademais están as respectivas noivas ?
Edge tráenos a solución: HysteriCoach, un Party Game para pasalo pipa, aínda que non vos guste
nada de nada o futbol (como é o meu caso).
As risas, tensión, berros, e, por suposto, goles, están asegurados.

17 jul. 2010

Magic 2011


Esta fin de semana é o máis importante do ano para o pai dos Xogos de Cartas Coleccionables, e que mellor resistiu o paso dos anos: Magic estrea a súa Edición Básica 2011 con clásicos como "Ángel de Serra" ou "Relámpago", e novas incorporacións que darán que falar como "Estampida abrumadora" o "Reverberar".


Unha oportunidade magnífica para empezar no xogo que revolucionou tanto os xogos de mesa como os de rol e os de cartas hai case 20 anos, ao comezar cun paquete inicial completo con todo o que necesitas.
E tamén un momento que non poden deixar pasar os veteranos para lograr cartas tan potentes e desexadas como os Planeswalker.

14 jul. 2010

A Por Ellos



Guión: Pepe Caldelas
Debuxo: Pedro Delgado
Cor: Ander Zarate

O pasado domingo a Vermella conseguiu un fito histórico ao proclamarse vencedora do Mundial de Futbol 2010 en Sudáfrica.
Para celebralo e apoiar tal logro non hai mellor forma que comprar o tomo en tapa dura editado por Panini "A por eles", produto oficial da Selección Española de Futbol.

Se hai anos gozaches con "Oliver e Benji", este cómic vaiche encantar, porque é non só futbol, tamén toda unha batalla galáctica contra monstros, robots... e mesmo clons malignos !

12 jul. 2010

Dave McKean en Coruña



Dave McKean, portadista de Sandman e autor xunto con Neil Gaiman de obras mestras como "Casos Violentos" e "Mr. Punch", será este ano o convidado de honra no Salón del Cómic "Viñetas dende O Atlántico" que se celebrará na capital coruñesa do 9 ao 15 de Agosto de 2010 na súa edición número XIII.

Ademais do ilustrador inglés, haberá exposicións monotemátivas sobre o falecido mestre Will Eisner, creador de "Spirit", e outra sobre "esqueletos", entre outras.

Podes atopar máis información en http://culturagalega.org/bd/index.php

10 jul. 2010

Agricola



Autor: Uwe Rosenberg
Ed: Homoludicus

Se aquí a páxina principal de xogos de mesa é http://www.labsk.net
A principal a nivel mundial é http://www.boardgamegeek.com
Dos centos de miles de xogos na súa base de datos, hai 30.000 con puntuación, e dende o ano 2.002 só houbo un xogo capaz de desbancar a "Porto Rico" do máis alto do ranking: "Agrícola".

8 jul. 2010

V de Vendetta Absolute




Guión: Alan Moore
Debuxo: David Lloyd
Ed: Planeta

Esta nova edición é outra oportunidade de redescubrir un cómic que marcou época e que para moitos é a mellor obra do guionista británico, aínda que este posto probablemente corresponda a Watchmen.

A historia lévanos a unha Inglaterra oprimida contra a que loita o enigmático "V" no seu disfrace de Guy Fawkes, e o proceso polo que terá que pasar a nova Evey Hammond para poder enfrontarse aos opresores.

7 jul. 2010

El Hijo de Hitler




Autor: Pieter de Poortere
Ed: Glénat

A historia non ten desperdicio: o testículo que Hitler perdeu na vida real na batalla de Somme cando aínda o chamaban "O Chillón", fixo que tivese un fillo coa enfermeira que lle atendeu, algo do que o Fuhrer non se decata ata a súa idade adulta, cando o seu único fillo está namorado dun feixón. e as cousas non farán máis que se complicar cando se decatan os aliados...

5 jul. 2010

Novidades Xullo



Tras a enorme cantidade de novidades dos meses anteriores, este mes vén tranquilo, proseguindo con series regulares pero poucos tomos únicos.

Planeta segue traéndonos o mellor do arxentino Horacio Altuna, esta vez de novo con Carlos Trillo, para contarnos unha serie de historias arredor das máquinas que dan título ao álbum: "Tragaperras".

No "El Diablo", Brian Azzarello (100 Balas) volve con Daniel Zezelj (Congo Bill) a mostrarnos un Spaghetti Western sucio e sen concesións, como xa fixesen en "Loveless", pero esta vez con moito máis humor, violencia e sorprendentes xiros argumentales.

Tamén o nº 8 de "Pluto", en que finaliza o manga do que xa vos escribimos un longo artigo no seu día.