31 dic 2011

Immortals, xogando na Grecia épica


A mitoloxía grega achegounos grandes historias, moitas das cales foron adaptadas para medios tan dispares como o cinema ou o xogos de rol. Nesta ocasión tocoulle a Teseo, heroe que derrotou o minotauro
dentro do labirinto grazas a Ariadna.



30 dic 2011

Defense Evil


Guión e debuxo: Youn In-Wan/Yang Kyung-il

Editorial: Panini manga

Xénero: Shonen

Comezou a publicarse en Xapón no ano 2009. Tamén foi gañador dun premio Tankobon.


23 dic 2011

Nora, the last chronicle of devildom


Guión e debuxo:  Kazunari Kakei

Editorial: Planeta DeAgostini

Xénero: Shonen

Comezou a publicarse en Xapón no ano 2004.



18 dic 2011

Conta atrás para Dragon Age


Cun pouco de atraso, parece que finalmente Dragon Age, o xogo de rol baseado no famoso xogo de consola e ordenador do mesmo título verá a luz en castelán.



15 dic 2011

Xuíz Dredd. Orixes


A obra desta semana, goza do debuxo persoal e inconfundible de Carlos Ezquerra, que unido ao sólido guión de J.Wagner é un cómic que hai que ler. Recordamos que Ezquerra e Wagner crearon toda a iconografía do personaxe de Xuíz Dredd, así que a súa súa visión é a orixinal e xenuína.



10 dic 2011

Warhammer Fantasy: Material do director de xogo


Editar Warhammer Fantasy: o Xogo de Rol, en España non é tarefa doada debido ao novo formato de xogo, con moitos compoñentes accesorios. Edge decidiu dividir o xogo en dúas liñas, unha dedicada aos
xogadores, e outra para os directores de xogo. Dado que do material para os xogadores xa falamos hai pouco, hoxe toca coa súa contrapartida para o director: a Guía do DJ e o Cofre do DJ.



30 nov 2011

Horacio de Alba tomo 1


Editorial 12 bis

Cómic de factura correcta que transita polos camiños da ficción realista, ao usar como trasfondo o século XVI italiano que nun momento da súa historia dá un xiro radical nos usos legais introducindo o concepto dos duelistas profesionais para resolver as disputas entre persoas e institucións.



23 nov 2011

BRAINIAC DE GEOFF JHONS Y GARY FRANK


Geoff Jhons, un dos puntais das novas sagas de DC, revisita un dos inimigos por antonomasia de Superman, refacendo a relación entre este e o home de aceiro. Esta revisión do personaxe daría despois pé á saga de Novo Kripton, xa que nela se presenta o inicio da nova situación de Kandor na terra.



20 nov 2011

Catálogo de criaturas de Sol Escuro


Para completar a liña de Sol Escuro, Devir ofrécenos o Catálogo de Criaturas, coa vantaxe de que na edición española se inclúe o módulo Merodeadores do mar das Dunas, de 32 páxinas e un mapa.



13 nov 2011

Enemigos do Imperio


Continuando coa renovada edición de La Leyenda de los Cinco Anillos: o xogo de rol (e van catro), chéganos nesta ocasión Enemigos do Imperio, libro que recolle unha completa colección de ameazas para o Imperio de Rokugan.



11 nov 2011

A ley de Ueki



Guion e debuxo: Tsubasa Fukuchi

Editorial: Ivrea

Xénero: Shonen

O manga foi publicado no 2002 pola revista Shonen Sunday e logo recompilado en 16 volumes.




6 nov 2011

Warhammer material do xogador


Finalmente Edge puxo a disposición do público as dúas primeiras referencias da nova edición do xogo de rol de Warhammer



4 nov 2011

A melodía das estrelas


Guion e debuxo: Natsuki Takaya

Editorial: Norma

Xénero: Shojo

Comezou a publicarse en Xapón en 2008, por Hakusensha INC.



3 nov 2011

YES WE CAMP! TRAZOS PARA UNA (R)EVOLUCION

Yes We Camp!, tráenos unha reflexión ilustrada do movemento 15-M, do que supuso e supón para moita xente. Tamén nos ensina diversos puntos de vista da realidade socioeconómica que vivimos: economistas, escritores, académicos, xente corrente,..., escriben nel, o cal realmente te abre os ollos para ver que esta crise que vivimos ten uns motivos moi fundamentados e que xa todos coñecemos. Non é un comic horizontal, nin todos os que participan nel estiveron acampados nunha praza, pero a pluraridade da súa linguaxe e os seus autores e a pluraridade do movemento 15-M.




29 oct 2011

Manual do Xogador 3


Devir continua a edición de manuelaes de Dungeons and Dragons 4ª edición. E finalmente chéganos o Manual do Xogador 3, e que é o complemento perfecto para o mundo de Sol Escuro, xa que a unha parte importante do seu contido é a psionica.



28 oct 2011

Gunnm


Guion e debuxo: Yukito Kishiro

Editorial: Planeta DeAgostini

Xénero: Seinen

Gunnm (Alita, anxo de combate) Comezou a publicarse en Xapón entre 1991 e 1995 na revista Business Jump. Unha serie de problemas nerviosos forzaron a Yukito Kishiro a finalizar prematuramente a súa publicación.

Poucos anos máis tarde tivo a oportunidade de retomar as partes da historia que omitiu por medio da secuela GUNNM Last Order, enlazando directamente dende unha parte do noveno volume de Gunnm - Alita, anxo de combate (Volume 9, capítulo 4, a partir da páxina n°16), rescatando parte deste como punto de partida de Gunnm Last Order e desbotando o resto do noveno volume.



26 oct 2011

Berserk


O mes de outubro é de rexouba para todo afeccionada ao manga. Unha serie que levaba longo tempo no burato negro editorial que é Mangaline, volve ver por fin a luz de man de Glenat.

Esa serie é Berserk.



22 oct 2011

El Anillo Único


Finalmente temos entre nós a edición de The One Ring, El Anillo Único editado en España por Devir.

21 oct 2011

Kamikaze


Guion e debuxo: Satoshi Shiki

Editorial: Norma editorial

Xénero: Seinen

Kamikaze golpea con forza. O traballo de Satoshi Shiki conseguiu levantar a popularidade da revista xaponesa Afternoon, converteuse nun éxito instantáneo e a súa espectacularidade xa cativou os lectores españois.

20 oct 2011

Volvemos ao traballo


Despois dun período de descanso para recargar a enerxía, volvemos con novas entradas.



30 jul 2011

Presentación de The One Ring

Falta pouco para que saia publicado o novo xogo de El Señor de los Anillos (The One Ring), e mentres esperamos esta nova edición, aquí temos un video do deseñador presentando a súa obra (en ingles con transcrición de audio):

29 jul 2011

Culdcept

Guion e debuxo: Shinya Kaneko
Editorial: Norma
Xénero: Shonen

Culdcept é o primeiro dunha serie de xogos creado por OmiyaSoft, orixinalmente lanzado para a Sega Saturn. Publicáronse dúas expansións para a PlayStation en 1999 e 2000, respectivamente.
Unha segunda secuela do título se público para a Dreamcast no ano 2001.
A segunda parte foi comercializada en América do Norte como Culdcept, e publicado por intercanal NEC.
O 6 de abril de 2006, anunciouse que unha nova publicación da serie (Culdcept Saga) se atopaba en desenvolvemento. A converto nuns dos grandes lanzamentos case para calquera plataforma.




23 jul 2011

Miniaturas de Pathfinder

Seguindo o exemplo de D&D e as súas miniaturas, Paizo acaba de anunciar a próxima aparicón de figuras prepintadas para o seu xogo de rol Pathfinder.



22 jul 2011

Poguri

Guion e debuxo: Isami Nakagawa
Editorial: Glénat
Xénero: Seinen

Poguri é unha criatura vagamente semihumana -polo que parece, trátase dun neno- as aventuras cotiás da cal non son as aventuras cotiás de calquera persoa normal: e é que o universo de Poguri ten as súas propias regras.



16 jul 2011

Imaxes de The One Ring

A pouco menos dun mes da súa presentación Cubicle7 ensínanos as primeiras imaxes do novo xogo baseado en El Señor de los Anillos (The One Ring), e que traducirá Devir como El Anillo Único.





15 jul 2011

A biblia manga

Guion e debuxo: Siku

Editorial: Panini manga

Se público por primeira vez no 2008. O autor deste manga é coñecido como Siku, sendo unha das novas promesas de debuxantes do Reino Unido e  traballando noutros cómics da editorial Marvel, e mesmo nalgunhas publicacións españolas (Mega multimedia) e alemás. Tamén traballou como director visual na compañía de videoxogos Elixir Studios e realizou un cómic sobre Caín e Abel.



9 jul 2011

Airship Pirates

É habitual ver xogos baseados en series de TV, películas ou libros, pero non les tanto cando está baseado en música. Cubicle 7, a editorial broitánica con títulos no seu haber como, Sla Industries e Vitoriana remata de anunciar a próxima publicación de Airship Pirates.


Airship Pirates baséase nas obras do grupo musical Abney Park, un proxecto musical Steampunk.

8 jul 2011

Rozen Maiden

Guion e Debuxo: Peach-Pit

Editorial: Norma

Xénero: Seinen

Comezou a publicarse en Xapón no 2002.Pouco despois a lanzo o anime, que consta con 2 tempadas de 12 capítulos cada unha. Nunha enquisa producida por TV Asahi no 2006 sobre os mellores 100 animes, Rozen Maiden alcanzou o posto 9.


2 jul 2011

Leyenda de los 5 Anillos 4ª Ed.

Finalmente xa chegou a España a última edición da Lenda dos Cinco Aneis, acompañada por certa polémica debido ao saldo da edición anterior sen que se chegasen a publicar todos os seus suplementos.


1 jul 2011

Ultimo

Guión e debuxo: Stan Le e Hiroyuki Takei

Editorial: Panini manga

Xénero: Shonen

Comezou a publicarse en Xapón en 2008. Creado entre Stan Le, o  creador de superheroes como Spider-Man e X-Men, e o mangaka Hiroyuki Takei, creador de Shaman King.


24 jun 2011

Detroit Metal City

Guión e debuxo: Kiminori Wakasugi
Editorial: Planeta DeAgostini
Xénero: Seinen

O manga comezou a publicarse en Xapón no ano 2005 pola revista Young Animal. O nome orixinal do manga é unha parodia da canción Detroit Rock City de KISS.

18 jun 2011

Guía de Campaña Canción de Hielo y Fuego

Finalmente temos en España la Guía de Campaña de Canción de Hielo y Fuego.


17 jun 2011

Samurai Deeper Kyo

Guión e debuxo: Akimine Kamijyo
Editorial: Glénat
Xénero: Shonen

O manga comezou a publicarse en outubro de 1999 no Shukan Shonen Magazine e conduciu á adaptación dunha serie do anime do mesmo nome do estudio Deen. Ambos os dous combinan a acción co sobrenatural aínda que existen varias diferenzas importantes a ter en conta entre o anime e o manga, como por exemplo a historia do personaxe. Tamén hai que destacar que o manga é moito máis detallado contando detalles da
historia e menos censura en canto a batallas.


11 jun 2011

Peligro en Desembarco del Rey

Seguindo coa liña de produtos de Canción de Lume e Xeo, hoxe toca a aventura de Perigo en Desembarco do Rei


10 jun 2011

DRIFTERS

Guion e debuxo: Kota Hirano
Editorial: Norma
Xénero: Seinen

O autor de Hellsing regresa cunha inquietante historia sobre famosos personaxes históricos que non morreron como contan as crónicas, senón que se viron "arrastrados" por unha organización misteriosa que os fai viaxar no tempo e no espazo... con fins descoñecidos.



4 jun 2011

Canción de Hielo y Fuego: Pantalla del Narrador

Como complemento do manual básico, Edge editou o kit do narrador que inclúe unha pantalla de tres paneis de cartón con táboas e resumos de axuda por un lado e unha ilustración do Muro polo outro (aínda que a ilustración non é gran cousa para o meu gusto).


3 jun 2011

La espada del inmortal

Guión e debuxo: Hiroaki Samura
Editorial: Glénat
Xénero: Seinen

En Xapón lévase publicando na revista antológica de Kodansha Afternoon KC dende 1994, e a data de 2010 xa publicáronse 27 tomos. Tamén conta con varias premios, en 1998 foi gañadora do Media Arts Awards; en 1999 foi nomeado nos premios Eisner na categoría de Mejor obra estranxeira sendo o gañador no 2000 e por ultimo en 2007 foi gañadora do Eagle Awards como mellor manga.



28 may 2011

Canción de Fuego y Hielo

Canción de Lume e Xeo é unha das sagas de fantasía máis importantes dos últimos anos, cunha incontable lexión de seguidores ao longo do mundo. Era pois inevitable que dese o salto ao xogos de rol.



27 may 2011

GHOST IN THE SHELL 01: PATRULLA ESPECIAL GHOST

Guion e debuxo: Shirow Masamune
Editorial: Planeta DeAgostini
Xénero: Seinen

A esperada reedición da obra máis coñecida de Masamune Shirow, coincidindo coa segunda parte da obra: Manmachine Interface.



21 may 2011

Gurren Lagann

Guion e debuxo: Mori Tokaro

Editorial: Panini

Xénero: Shonen

É unha serie de anime, creada por Hiroyuki Imaishi no estudio de anime, Gainax (tamén creador de Neon Genesis Evangelion), xunto Aniplex e Konami. A súa emisión en Xapón comezou no 2007. Existen varias adaptacións en manga, dúas películas e unha novela lixeira.
A historia do manga segue o mesmo argumento do anime, non obstante, hai varios cambios de acontecementos ademais da adición de historias pasadas que enchen varios baleiros do anime, como a relación entre Dayakka e Kyoh.


CthulhuTech

¿Cthulhu e Mechas? ¿Pero isto pode funcionar? Os mitos de Cthulhu están ambientados na súa maioría nos anos 20, con algúns relatos doutros autores na actualidade. Pero levalos a un futuro da terra con mechas é algo novo, e que funciona bastante ben.


17 may 2011

La Ira de los Justos



Autor: Manel Loureiro
Ed: Plaza & Janés

Apocalipse Z caeu como unha bomba entre o fandom famento de libros de mortos viventes e converteuse nun best-seller que abriría paso ao seu autor a Random House, e a Dolmen a creación
dunha exitosa liña Z exclusiva, aparte de comezar unha entrada masiva de novelas de zombies e infectados propias e estranxeiras no mercado, sen contar multiples blogs, novelas e relatos que
intentaron imitalo, destacando as aglutinadas en http://somosleyenda.com

Dias Escuros, a segunda parte, sen chegar á excelencia do anterior, é unha sucesora máis que digno, malia un final demasiado insatisfactorio, equiparable ao que logo nos daría "Necropolis", a 2ª parte dos "Camiñantes".

En Apocalipse Z: A Ira dos Xustos, hai menos formato diario e máis terceira persoa de acontecementos alleos á trama principal, pero que ao final acabará cruzándose con ela. É unha pena porque na parte media en que se retoma a crónica solitaria do protagonista o relato retoma a enerxía e a ansia imparable de devorar páxinas que nos fustrigaba nas anteriores entregas. Pero é difícil manter esa narrativa durante demasiado tempo, como se pode comprobar en "Exilio: Diario dunha invasión zombie 2" de J. L. Bourne, novidade este mes en Timun Mas.

14 may 2011

sLAng: Historias sobre unha mesma historia

O xénero negro sempre tivo unha repercusión especial, é raro o mes en que non hai algunha estrea de cinema que non sexa de policías ou mesmo de criminais.


Corrupción en Miami, The shield, Infiltrados, Los Soprano, e moitas máis forman xa parte da nosa cultura. "Todo o que teño nesta vida é os meus cojones e a miña palabra", esta frase foi moi popular nos 80, e popularizouna Antonio Montana "Scarface", un dos gansters máis violentos do cinema, e que recentemente se converteu en videoxogo, "Scarface: O prezo do poder".

13 may 2011

Eureka Seven

Guion e Debuxo: Bones, Kazuma Kondou, Jinsei Kataoka
Editorial: Glenat
Xénero: Shonen

A diferenza ao que estamos acostumados, Eureka Seven é un anime sobre mechas, creado polo estudio BONES e Bandai. Eureka Seven é a primeira obra orixinal do estudio, é dicir, non está escrita nin producida por outra compañía constando a mesma dunha duración de 50 capítulos. Existen ademais varias adaptacións en manga e 3 videoxogos. A serie foi emitida en España por So Good Entertainment. Gañador de 3 premios no festival de Xapón que son equivalentes aos Premios Óscar.



10 may 2011

Libro formato dixital

Comecei a ler http://mundocadaver.livejournal.com (o blog inicial de Apocalipse Zombie) alá polo 2006, cando era usuario asiduo de livejournal (onde coñecín a miña actual parella). Tras 2 anos de espera tocoume comprar a edición de Dolmen de Apocalipse Z para decatarme de como remataba a historia.
O libro foi un bombazo e provocou todo o que aconteceu despois coa liña Z, somosleyenda.com, etc.
A segunda parte tamén a comprei en papel e puidestes ler o comentario aquí. Esta vez quería lelo canto antes e preferín collelo en formato dixital. Como sabía nome e editorial, tras un par de buscas cheguei á web oficial de Random House Mondadori http://www.megustaleer.com
A páxina non é moi intuitiva, pero logrei chegar ao libro. 17,90 € en papel e 11,99 € en formato ebook. O desconto do 33% paréceme pouco tendo en conta o aforro en custos e que as versións para iPhone da liña Z de Dolmen están a 1,59 € (incluída a primeira Apocalipse Z).

9 may 2011

Novidades Maio


Á fin temos nas tendas "A Ira dos Justos, o capítulo final do libro que comezou a epidemia zombie en España: "Apocalipse Z", do galego Manel Loureiro. Na súa 1ª semana xa está entre os 10 libros máis vendidos. En canto o devoremos comentámosvos se está á altura do marabilloso primeiro ou polo menos do aditivo segundo.

O venres 13 de maio estréase nos nosos cines "El Sicario de Dios", acción palomitera adaptando do inicialmente recomendable pero logo irregular manhwa "Priest" de Min-woo Hyung, editado
por Norma, que aproveita para sacar unha precola feita en usa, "Purgatorio", afastada do peculiar debuxo do coreano aínda que siga a temática de mesturar western e vampiros.

8 may 2011

Scene Sound

As partidas de rol fundaméntanse no emprego da imaxinación, aínda que nunca está de máis axudala con elementos externos. O son e a música foi unha das ferramentas máis empregadas, e moitos de nós empregamos bandas sonoras de películas para ambientar as partidas (¿cantas veces soaría a música de Conan nas nosas mesas de xogo?)

Pero cada vez hai máis ferramentas para personalizar a música ambiental, e dunha desas é o que vai a crónica de hoxe: Scene Sound.

6 may 2011

Nodame Cantabile

Guion e Debuxo: Tomoko Ninomiya
Editorial: Norma
Xénero: Josei

Comezou a publicare en Xapón en Xullo do 2001 na revista Kiss. En 2004 recibiu un premio por mellor manga shoujo por Kodansha. Foi adaptada no seu Xapón natal como dorama (serie de imaxe real) de 11 capítulos máis dous especiais e tamén a adapto en anime emitido a través da cadea Fuji TV, contou con dúas tempadas en 2007 (23 episodios) e, posteriormente, 2008 (11 entregas), ademais dun especial en vídeo. Ambas as dúas tempadas apareceron en Noitamina, o colector que ten esta cadea para a animación destinada a un público adulto. Tamén se estreou unha nova tempada en Xaneiro de 2010 de 11 episodios.

1 may 2011

Usagi Yojimbo: O xogo de rol

A editorial Nosolorol, seguindo o ronsel de éxitos do cómic de Stan Sakai, Usagi Yojimbo, editou en España o segundo xogo de rol baseado na súa obra.
Digo segundo, dado que xa existiu un anterior, editado por Gold Rush, e que empregaba o sistema Fuzion. Actualmente esta versión, absolutamente descatalogada, pódese atopar unicamente en Ebay e outros portais de poxa (e se tedes sorte, nalgunha tenda).


En canto ao novo xogo, é dunha compañía (Sanguine) que xa editou dous xogos que alcanzaron certa notoriedade no mercado anglosaxón, ambos os dous onde os protagonistas pertencen a razas derivadas de animais, polo que ambos os dous xogos se coñecen como "furry games". Os xogos son o Ironclaw, de temática fantástica-medieval, e o Jadeclaw, a súa contrapartida oriental.
Polo tanto, os rapaces de Sanguine xa teñen experiencia con xogos protagonizados por "animais"

30 abr 2011

Small World



Autor: Philippe Keyaerts
Ed: Edge

A semana pasada falabamos do marabilloso "Aventureiros ao Tren". Outro dos xogos máis famosos editados por Days Of Wonder é "Smallworld", un xogo de conquistas sinxelo e simpático, sucesor do "Vinci" do mesmo creador.

Colócanse ao lado do taboleiro (hai 4 taboleiros dependendo do nº de xogadores, de 2 a 5) aleatoriamente 5 combinacións entre as 14 razas e 20 poderes, escollemos un e... a conquistar ! Cada quenda ou seguimos expandindo a raza actual ou poñémola en declive e escollemos outra nova combinación.

Todo o deseño é accesible e amigable, de tema fantástico-medieval pero con ton humorístico e familiar. Moitas pezas, moedas e fichas, pero a caixa permite ter todo ordenado sen bolsas.
Doado e rápido de ensinar e xogar, con follas explicativas de razas e habilidades para ler e escoller por todos os xogadores. Pode facerse un pouco "inxenuo" ou eslamiado, pero hai varias ampliacións con máis razas e habilidades para achegar máis variedade. Paga a pena probalo.
[Edu Gorende]