27 ago. 2010

Venus Versus Virus


Autor: Atsushi Suzumi
Edita: Norma
Género: Shojo-ai

Co Tomo 8 temos completa a serie Venus Versus Virus, en que as Venus son unha parella de rapazas, a típica estudante que descobre os seus poderes, e outra non tan típica no seu vestido de Gothic Lolita que rexenta unha tenda de roupa gótica, e como ambas as dúas enfróntanse aos Virus, unha infección que afecta aos humanos e que os transforma en seres medio zombie.

25 ago. 2010

Papel y Plastico 3


Autor: Oscar Lombana
Edita: Astiberri

Chega o terceiro e último volume do regalo perfecto para todos os que a súa infancia ou xuventude tocase nalgún momento a década dos 80. O incombustible Oscar Lombana volve traernos outro tomo, e esta vez é o máis gordo e con máis texto de todos !

Se o volume 2 se fixo un pouco frouxo en comparación co primeiro, tanto por contidos coma por variedade, dos erros se aprende e esta vez volve con máis ganas, comentarios, anécdotas e recordos, que espertasen sen dúbida os nosos, devolvéndonos a ese pasado tan máxico e único que compartimos.

21 ago. 2010

Thunderstone



Creador: Mike Elliott
Edita: Edge

Edge non se durmiu nos loureiros este verán e segue sacando cousas para a xente que non quere pasar todo o seu tempo libre en na praia.
E tráenos un xogo totalmente recomendable: Thunderstone, un novo xogo de cartas de fantasía similar en aspecto externo ao Magic pero moito máis similar en concepto ao sistema de deseño de mazo reinventando no imprescindible Dominion, do que xa vos falamos.

20 ago. 2010

Festas Ferrol


Dende hoxe e ata o martes día 31 de Agosto celébranse as Festas de Verán
de Ferrol. 13 días en que o centro da cidade será peonil e nos que haberá lumes, feiras, pasarrúas, contacontos e numerosas actuacións musicais
gratuítas, incluíndo as de Los Suaves ou El Sueño de Morfeo.

O pregón será hoxe ás 21:30 a cargo do actor ferrolano Iago García ("Matalobos", "Amar en tempos revolvidos"). Podedes baixar o programa completo das festas de http://www.ferrol.es/documentos/festas2010.pdf

10 ago. 2010

Miguelanxo Prado



Onte comezou en Coruña "Viñetas dende O Atlántico", o director do cal, dende o ano 1998, é o recoñecido ilustrador Miguelanxo Prado. No especial de hoxe repasamos a súa obra, que ten colección propia en Norma Editorial:

- Fragmentos da Enciclopedia Délfica (1983)
O xenio do autor móstrase xa no seu primeiro libro: O futuro evolutivo da raza humana nos próximos 10.000 anos a través de 12 fragmentos da Enciclopedia escrita polos descendentes dos delfíns. Algunhas marcan o próximo salto evolutivo, outras móstrannos a vida dun individuo neses tempos.

9 ago. 2010

Viñetas desde O Atlantico


Hoxe comeza "Viñetas dende O Atlántico", a Feira de Cómic de Coruña, na súa edición número 13. Estará aberta dende hoxe luns 9 ata o próximo domingo día 15 de Agosto, en horario de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00.
Mañá seguirémosvos contando máis cousas, pero se queredes estar ao día de todo o que alí sucede podedes velo en http://www.vinetasdesdeoatlantico.com