Mostrando entradas con la etiqueta Novidades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Novidades. Mostrar todas las entradas

4 feb 2012

Novidades febreiro e marzo

Diversas editoriais acaban de anunciar as novidades para o mes de febreiro en un comodo arquivo pdf

Para marzo tenemos

22 ene 2012

Novidades Glenat

Glenat acaba de anunciar as novidades para o mes de xaneiro en un comodo arquivo pdf

Novidades

10 may 2011

Libro formato dixital

Comecei a ler http://mundocadaver.livejournal.com (o blog inicial de Apocalipse Zombie) alá polo 2006, cando era usuario asiduo de livejournal (onde coñecín a miña actual parella). Tras 2 anos de espera tocoume comprar a edición de Dolmen de Apocalipse Z para decatarme de como remataba a historia.
O libro foi un bombazo e provocou todo o que aconteceu despois coa liña Z, somosleyenda.com, etc.
A segunda parte tamén a comprei en papel e puidestes ler o comentario aquí. Esta vez quería lelo canto antes e preferín collelo en formato dixital. Como sabía nome e editorial, tras un par de buscas cheguei á web oficial de Random House Mondadori http://www.megustaleer.com
A páxina non é moi intuitiva, pero logrei chegar ao libro. 17,90 € en papel e 11,99 € en formato ebook. O desconto do 33% paréceme pouco tendo en conta o aforro en custos e que as versións para iPhone da liña Z de Dolmen están a 1,59 € (incluída a primeira Apocalipse Z).

9 may 2011

Novidades Maio


Á fin temos nas tendas "A Ira dos Justos, o capítulo final do libro que comezou a epidemia zombie en España: "Apocalipse Z", do galego Manel Loureiro. Na súa 1ª semana xa está entre os 10 libros máis vendidos. En canto o devoremos comentámosvos se está á altura do marabilloso primeiro ou polo menos do aditivo segundo.

O venres 13 de maio estréase nos nosos cines "El Sicario de Dios", acción palomitera adaptando do inicialmente recomendable pero logo irregular manhwa "Priest" de Min-woo Hyung, editado
por Norma, que aproveita para sacar unha precola feita en usa, "Purgatorio", afastada do peculiar debuxo do coreano aínda que siga a temática de mesturar western e vampiros.

25 abr 2011

Citas Abril-Maio




IV Semana de Poesía Salvaxe de Ferrol
Do 27 ao 30 de Abril, 3 días de palabra encarnada en diversos lugares emblemáticos da nosa cidade
http://www.poesiasalvaxe.com

Expotaku Coruña
Del 20 ao 22 de Maio en ExpoCoruña o 2º Salón do Manga de Galicia, con stands, exposicións, concursos, cosplay, karaoke, dobraxe, videoxogos, conferencias e moitas máis actividades.
http://www.expotaku.com/a-coruna

Axenda Cultural Primavera
Xa dispoñible a axenda cultural do Concello de Ferrol para esta primavera
http://www.ferrol.es/documentos/Programacion_PRIMAVERA2011_baja.pdf

Primavera de Cinema
Todos os mércores ás 20:30 no Cinema Duplex de Ferrol unha curtametraxe + unha película en versión orixinal subtitulada (como deberían ser todas) de balde
http://www.ferrol.es/documentos/Programacion_Primavera_de_Cine_2011.pdf

E volvémosvos recordar que o Circo dos Horrores está en Coruña ata o 17 de Maio
http://www.circodeloshorrores.com/es/inicio

11 abr 2011

Novidades Abril



Moi interesantes as novidades de Glénat para Abril, entre elas:
"Son de Pueblo, merecido premio a Raquel Córcoles e Marta Rabadánpor un reflexo actual e co que moitos nos identificamos.
"Españistán (este país vaise á merda)" de Aleix Salgou, unha sátira de actualidade pasada polo filtro de historieta infantil de fantasía e humor
ou Aguia Vermella, a serie de TV que xa ten un máis que digno xogo de mesa, da man de JM Ruiz Córdoba e Alex Sierra.

28 mar 2011

Citas Abril


Este Abril vén cargado de citas máis que interesantes:

MOSTRA CÓMIC DE VALENCIA 2011
Del 10 ao 14 de abril. Coa participación, entre outros, de Salvador Larroca, Pascual Ferry, Borja Crespo e Rubén Fernández. Tedes toda a info no blog http://lapicerosdecoloresdelamostra.blogspot.com
E en canto remate podedes ir de seguido á cita máis importante do ano:

29 SALON DO CÓMIC DE BARCELONA 2011
Del 14 ao 17 de abril de 2011 en La Fira, Pazo nº 8. Coa participación, entre outros, de
Eddie Campbell, Garth Ennis ou Kurt Busiek. Toda a info en http://www.ficomic.com

O CIRCO DOS HORRORES
Este mes volve a Galicia un espectáculo imprescindible, e a prezos super reducidos: O Circo dos Horrores, unha mestura de circo, teatro e monstros que fará as delicias de todos. Recomendadísimo.
Estarán en Vigo do 14 ao 24 de abril en Praia Samil, e en A Coruña do 29 de abril ao 17 de maio, en Expo-Coruña. Info e entradas en http://www.circodeloshorrores.com

18 mar 2011

Terremoto en Xapon


Os venres adoitámolos dedicar a comentar autores de Xapón. Dadas as circunstancias que está a atravesar dito país, aconsellámosvos que vos pasedes por http://www.lapizarradeyuri.com
onde tedes info actualizada e explicacións entendibles por calquera mortal, como todos os seus impresionantes artigos de divulgación. Tamén inclúe info de como axudar dende aquí.
Outros links de interese:
http://www.frikipandi.com/public/post/imagenes-de-antes-y-despues-del-terremoto-y-tsunami-de-japon-de-google-earth-229.asp
http://alt1040.com/2011/03/preguntas-frecuentes-sobre-radioactividade
http://alt1040.com/2011/03/japon-promueve-campana-de-ahorro-energetico-basada-en-evangelion
http://www.gizmodo.es/2011/03/17/apps-que-quieren-ayudar-a-japon-street-fighter-iv-y-chattime-dos-buenas-iniciativas.html

8 mar 2011

Novidades Marzo



Planeta pon na portada das súas novidades o "Green Lantern" de Geoff Johns co reclamo da estrea estival do filme protagonizado por Ryan "Buried" Reynolds. Debuxa Carlos Pacheco, entre outros.
Del aluvión de novidades DC do mes destaco a do inicio en "Hellblazer" da etapa de Jamie Delano (pre Animal Man), escollido polo propio creador do personaxe, Alan Moore.
Glénat vístese de longo coa edición de mega-luxo do "Tercer Testamento", dos franceses Alex Alice e Xavier Dorison, mesturando historia, loitas, persecucións, segredos, templarios e inquisición.

28 feb 2011

Novidades Norma Marzo

Seguimos coas novidades de Norma para Marzo, hoxe, o cómic europeo.

HÁGASE EL CAOS vol. 1 LUX

Cava e Seguín
Formato: Cartoné 22 x 29,5 cm. ;48 págs. Color
PVP: 13,00 €


Da mans destes dous autores españois chéganos unha historia de cinema negro ambientada en plena Guerra Fría. Alex, un anónimo cidadán británico de orixe iugoslava, é utilizado como monicreque nun escuro plan para eliminar o mariscal Tito. ¿Pero cal é o seu verdadeiro papel en todo isto? ¿E quen manexa realmente os fíos?.

MUERTOS DE SUEÑO
Davide Reviati

Volume único
Formato: Cartoné 17 x 24 cm.; 352 págs. B/N
PVP: 25,00 €


David Reviati retrata con moito cariño eses veráns de cando eramos pequenos e que quedaron gravados a lume no noso espírito. Unha historia que foi galardoada co premio ao mellor cómic da Comicon Nápoles 2010.

22 feb 2011

Novidades Norma Marzo

Norma acaba de anunciar as novidades USA para o mes de marzo

CELLULOID
Dave McKean

O ilustrador de Sandman, Coraline e Mr. Punch descóbrenos outra das súas facetas artísticas con esta novela gráfica erótica. A variedade de temas e o uso de diferentes técnicas artísticas recordan as súas ilustracións que deron cor ás portadas e páxinas interiores de Sandman durante case 10 anos.

232 págs. Color
PVP: 25,00 €

UNIVERSE
Paul Jenkins e Clayton Crain



Servindo de preludio ao novo arco argumental de Top Cow: Artifacts, chéganos a historia de Tom Judge, un antigo sacerdote que perdeu a fe. A súa vida non é máis que unha busca infrutuosa de praceres inmediatos. Pero unha curiosa reliquia coñecida como o Arrebato cruzarase no seu camiño e porao no centro dunha gran guerra.

256 págs. Color
PVP: 20,00 €

1 feb 2011

Novidades Febreiro


Esperemos que este mes si saia "Vertigo Magazine", a cocteleira de títulos que levamos esperando dende Setembro do 2.010
Si podemos ler Arkham Asylum: Loucura, que parte como cabalo gañador da man do inconfundible Sam Kieth, que esta vez non remata de convencer ao mostrarnos un día na vida dunha enfermeira do lugar, pero sen alcanzar as expectativas creadas.
Dib Buks publica Pecados Veniais 2, con todas as tronchantes peripecias de Clara e Arthur non publicadas no tomo 1, que saberán gozar principalmente os adultos sen tabús pero con sentido do humor.


Norma dá unha nova volta de rosca ao tema de moda dos zombis con "Victorian Undead", ao mesturalos con Sherlock Holmes nunha aventura de investigación e aventura bastante limpita (pouco que ver coa portada).
Seguindo co tema, Panini publica Marvel Zombies 5, unha idea que empezou do máis excitante e divertida, e que acabou caendo na repetición e o aburrimento.
Moito máis recomendable é o tomo Civil War, que marcou un antes e un despois na traxectoria de Capitán América.
http://www.scribd.com/doc/46868059/Novedades-Planeta-febrero
http://www.normaeditorial.com/novedades/Febrero11.pdf
http://www.paninicomics.es/PortletCMS/servlet/DownloadResourceServlet?id_file=270

31 ene 2011

Laureano Quesada



Este Xoves 3 de Febreiro cúmprese o primeiro aniversario da morte do pintor Laureano Quesada, nacido en Ferrol en 1941, o labor profesional das cales transcorreu principalmente en Ferrol e
Cedeira, sendo Ferrolterra a bisbarra que marcaría a súa peculiar plasmación pictórica do realismo máxico que autores como Gabriel García Márquez reflicten nas súas novelas.

Como conmemoración e recordo da súa obra este venres 4 de Febreiro inaugúrase unha exposición-homenaxe ao artista ferrolano na Sala de Exposicións da Asociación de Veciños de Caranza.

+ info:
http://www.arteinformado.com/Artistas/674/laureano-quesada
http://www.pintoresgallegos.com/laureanoquesada.html
http://www.laureanoquesada.com

24 ene 2011

Novidades Xaneiro de Panini manga, Glenat e Ivrea

Panini manga

Brave 10 nº 6



  • Guión e debuxo: Shimotsuki Kairi
  • Xénero: Shonen
  • Formato: 184 páxinas.
  • Precio: 8,50 €



Glenat

Mi pequeño monstruo nº 1



  • Guion e debuxo: Masami Tsuda
  • Xénero: Shojo
  • Formato: Rústica - 11,5 x 17 cm. 208 págs. - B/N
  • Prezo: 7,50 €

Nanoha Satsuki e alumna do instituto. É unha rapaza normal e corrente, que non destaca polas súas notas, polo seu físico nin nos deportes. Se por algo se caracteriza é pola súa tranquilidade, pero en canto vai a Hazuki Tokiwa, un compañeiro de clase ao que chaman "o Príncipe", e o seu comportamento narcisista, non pode evitar que lle saia de dentro un tragso con moi mala leite. 



Ata que o día de nadal por fin lle canta as corenta...

Serie de 2 tomos

Bleach 40



  • Guion e debuxo: Tite Kubo
  • Género: Shonen
  • Formato: Rústica - 11,5 x 17 cm. 192 págs. - B/N 
  • Prezo: 7,50 €

Serie aberta.

666 nº 10



  • Guion e debuxo: Seishi Kishimoto
  • Xénero: Shonen
  • Formato: Rústica - 11,5 x 17 cm. 192 págs. - B/N  
  • Prezo: 7,50 €

Serie de 19 tomos.


MPD Psycho 14


  • Guión e debuxo: Sho-U Tajima, Eiji Otsuka
  • Xénero: Seinen
  • Formato: Rústica 13,3 x 18,5 cm. 184 págs. - Color y B/N
  • Prezo: 4,95 €
Serie aberta



Ivrea

 ¡Vuelve Slayers!



  • Xénero: Shonen

Ivrea comeza o 2011 cunha novidade para todos os seguidores de Reena e Gaudi, pois en Xaneiro de 2011, porá á venda o primeiro tomo de Slayers: Light Magic, ultimo título desta nova etapa de mangas da devandita franquía. 
Esta serie curta de dous tomos, conta co guión de Tenchimaru Hibiki, debuxo de Shin Sasaki, así como o deseño dos personaxes de Rui Araizumi, responsables á súa vez do anterior titulo, El Reloj de arena de Falshes.

¿Pero como puedo amarte?



  • Guión e debuxo: Kayoru
  • Xénero: Shojo



Tomo único

Novidades Xaneiro 2011 de Norma Editorial:

Tsubasa Album de reproductions vol. 2



  • Debuxo: CLAMP
  • Formato: Rústica con sobrecuberta 21 x 29,7 cm. 96 págs. Cor +16 págs. B/N
  • Prezo: 19,95 €

¡As mellores ilustracións de Tsubasa no volume que completa a serie!

As mellores ilustracións de CLAMP dos últimos tomos de Tsubasa Reservoir Chronicle, onde descubrimos a Sakura, Mokona, Fye, Kurogane e Xiaolang coas magníficas roupaxes e composicións das raíña do manga.
Algúns das imaxes que poderedes atopar neste álbum:


Soul Eater Vol. 4


  • Debuxo: Atsushi Ohkubo
  • Xenero: Shonen
  • Formato: Rústica con sobrecuberta 11,5 x 17,5 cm. 208 págs. B/N
  • Prezo: 7,50 €

Bimestral. 17 volumes publicados en Xapón

Cazadora de espíritus Vol. 2


  • Debuxo: Kayono
  • Xénero: Shojo
  • Formato: Rústica con sobrecuberta 11,5 x 17,5 cm. 192 págs. B/N
  • Prezo: 7,50 €

Bimestral (2 de 2)

¡También á venda!

Pack Kayono: Cazadora de Espíritus Vol. 1 + Princesa HanaKa + Gloss de Regalo a 14,95 €.


Warcraft Mago



  • Guión e debuxo: Richard A. Knaak, Jae-Hwan Kim
  • Xénero: Shonen
  • Formato: Rústica 12,6 x 18,7 cm. 192 págs. B/N
  • Prezo: 7,50 €

Unha nova aventura do universo de Warcraft ambientada na cidade máxica de Dalaran, Aodhan é un novo aprendiz de mago na cidade de Dalaran, suspendida no ceo. A súa xuventude e inseguridade convérteno nun mago algo mediocre, pero os seus mestres cren que ten potencial.
E deberá espremelo ao máximo cando ataquen ferozmente a cidade... ¡ Unha nova e emocionante aventura de Warcraft!

Volume único

Air Gear 24



  • Guión e Debuxo: Oh! great
  • Xénero: Shonen
  • Formato: Rústica con sobrecuberta 11,5 x 17,5 cm. 208 págs. B/N
  • Precio: 7,50 €

Bimestral. 29 volumes publicados en Xapón

Novidades de Xaneiro de Planeta deAgostini

Tegami Bachi nº 2


  • Guión/debuxo: Hiroyuki Asada
  • Formato: Libro rústica, 200 pág, B/N con páxinas a cor.
  • Prezo: 7,95€

Armamento alquimista nº 2



  • Guión/debuxo: Nobuhiro Watsuki
  • Formato: Libro rústica, 192 , B/N
  • Prezo: 7,95€


Dr Slump Ultimate edition nº 9


  • Guión/debuxo: Akira Toriyama
  • Formato: Libro rústica, 248 pág., B/N con páxinas a cor.
  • Prezo: 9,95€


Kamikaze Kaito Jeannekanzenban nº 6




  • Guión/debuxo: Arina Tanemura
  • Formato: Libro rústica, 224 pág, B/N
  • Prezo: 10,95€


Detective Conan Volumen 2  nº 69





  • Guión/debuxo: Gosho Aoyama
  • Formato: Libro rústica, 192 pág, B/N
  • Prezo: 7,95€


One Piece nº 5




  • Guión/debuxo: Eiichiro Oda
  • Formato: Libro rústica, 208 pág, B/N
  • Prezo: 6,95€


BoBoBo - Bo Bo – BoBo nº 20




  • Guión/debuxo: Yoshio Sawai
  • Formato: Libro rústica, 192 pág, B/N
  • Prezo: 7,95€

17 ene 2011

Programacion Cultural




O Concello de Ferrol publicou o número de inverno do Caderno de Programación Cultural, que cobre os meses de Xaneiro, Febreiro e Marzo.

Está dispoñible nun práctico documento pdf no que podedes consultar a programación de cada un dos eventos, así como unha pequena descrición de cada un deles.

Podedes descargalo no seguinte enlace.

13 dic 2010

Torneo Cidade Do Mar



Torneo Magic e Demo Dominion

Este Sábado día 18 de decembro celébrase a partir das 10:30 na Casa da Xuventude de Ferrol (Rua Almendra 9) o Torneo de Magic Legacy "Cidado Do Mar", o máis importante realizado ata a
data en Galicia, con Patrocinio de Metrópoles Cómics, o Concello de Ferrol e a Deputación da Coruña.

Podedes levarvos un Mox Ruby e unha viaxe + estanza en Paris. + info en http://www.metropoliscomics.net/foro/Metro/viewtopic.php?t=569

Para aquelas persoas que queiran comezar nisto de montar os seus mazos peor non saiban como, temos demo do DOMINION en Metropolis Comics (Rúa ) o miercoles 15 e xoves 16 de 18 a 21 horas, para que amigos non xogadores e noivas de xogadores de Magic entendan de forma doada e rápida que é o que vicia tanto.

1 dic 2010

Novidades Decembro


Planeta tráenos unha auténtica delicia para os mozos de todas as idades: "O bosque de Lump", do inconfundible mestre Azpiri, esta vez na súa vertente máis tenra e amable.

Norma estrea todo un acontecemento mediático arredor de Salmah Star, con cómic, novela, disco, xogo e presentacións por toda España. Mestizaxe de ecoloxía, cabaré, baile e danza.

O xenial guionista Grant Morrison (Doom Patrol, Invisibles, 7 Soldiers) móstranos en "18 días" un adianto da súa serie animada baseado na lenda india de Mahabarata, que xa influíse no seu
Vimanarama.