Pero cada vez hai máis ferramentas para personalizar a música ambiental, e dunha desas é o que vai a crónica de hoxe: Scene Sound.
Scene Sound é un programa gratuíto que se pode descargar da web dos seus creadores http://scenesound.cyclobster.com/, logo de rexistro (tamén gratuíto). Scene Sound está deseñado para manexar sons ambientais, creando diversas escenas segundo as nosas necesidades.
A súa interface gráfico é moi sinxela. A ventá divídese en cinco seccións: Library, Environmental FX, Random FX, Sound FX e Scene Scripts.
- O panel de Library permíteche acceder e cargar arquivos de son do teu ordenador. A Library importará automaticamente todos os directorios e subdirectorios que lle sinales. Unha vez engadidos, podes arrastrar calquera son aos restantes paneis para cargalos.
- O panel de Environmental FX é onde se sitúan os sons de fondo. Podes facer que os sons se repitan en bucle.
- O panel de Random FX é para sons que se emitan a intervalos ao chou.
- O panel de Sound FX é para os sons que queres activar manualmente. A activación dos sons é moi sinxela, xa que co botón dereito do rato podes asignarlle unha tecla calquera do teclado.
- Por último temos o panel de Scene Scripts, que permite crear "guións" de son simples, é dicir, instrucións de que sons deben soar e como deben facelo. Non hai moitas opcións aquí, pero cun pouco de imaxinación pódense crear escenas sonoras moi convincentes.
O programa é moi sinxelo, e quizais lle falten algunha opcións, especialmente no relativo ao uso de escenas. Hai outras alternativas que ofrecen máis opcións pero son de pagamento, o que é un valor engadido de Scene Sound.
O outro grande problema de Scene Sound (se contamos a súa sinxeleza como un) é a falta de documentación. É certo que o programa é moi sinxelo de usar, pero hai algúns botóns que non indican para que serven, o que lle resta un pouco de atractivo.
Pros
- Interface sinxelo
- Gratuíto
- A creación de escenas é sinxela
Contraás
- Poucas opcións
- Non ten instrucións
- Solo funciona en Windows (32 e 64 bits)
Web: http://scenesound.cyclobster.com/ (require rexistro gratuíto)
Prezo: Gratis
No hay comentarios:
Publicar un comentario