13 may 2011

Eureka Seven

Guion e Debuxo: Bones, Kazuma Kondou, Jinsei Kataoka
Editorial: Glenat
Xénero: Shonen

A diferenza ao que estamos acostumados, Eureka Seven é un anime sobre mechas, creado polo estudio BONES e Bandai. Eureka Seven é a primeira obra orixinal do estudio, é dicir, non está escrita nin producida por outra compañía constando a mesma dunha duración de 50 capítulos. Existen ademais varias adaptacións en manga e 3 videoxogos. A serie foi emitida en España por So Good Entertainment. Gañador de 3 premios no festival de Xapón que son equivalentes aos Premios Óscar.



Eureka Seven é unha historia situada nun futuro distante da Terra, onde os humanos que se estableceron alí sufriron un misterioso fenómeno chamado "Verán de Amor" algúns anos antes, pero de acordo coa historia oficial, foi detido por un científico militar chamado Adrock Thorston que deu a súa vida para protexer a humanidade. Renton Thorston, o protagonista desta serie e o fillo de Adrock, é un rapaz de catorce anos o ídolo dos cales é Holland, o líder dun grupo de mercenarios coñecido como Gekko State, que aparentemente son só unha guerrilla independente enfrontada a un goberno opresivo e belixerante, pero o seu obxectivo real é conseguir contactar cos "Coralians", uns misteriosos seres que tamén habitan este mundo, co obxectivo de deter a guerra que a Federación Unida ten previsto iniciar contra eles para conseguir o absoluto control do planeta.

A historia xira arredor da entrada de Renton en Gekko State e a súa relación coa misteriosa Eureka, unha rapaza membro de Gekko State e piloto do LFO Nirvash typeZERO (O LFO máis poderoso e o primeiro en ser descuberto). Cando Renton e Eureka pilotan xuntos o Nirvash, potenciado co misterioso "Amita Drive", vólvese practicamente invencible e pode inducir un fenómeno que provoca unha gran devastación caracterizado por un arcoíris de enerxía, coñecido como "Seven Swell", "Fulgor das Sete Cores" ou "fenómeno das Sete Ondas".

A colección componse de 6 tomos, todos xa publicados en España por Glenat. Realmente unha serie que aparte de ter moi boa pinta está chea de curiosidades. Dende os nomes de cada un dos títulos de cada capítulo do anime ata nos mesmos personaxes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario