Guion e debuxo: Shirow Masamune
Editorial: Planeta DeAgostini
Xénero: Seinen
A esperada reedición da obra máis coñecida de Masamune Shirow, coincidindo coa segunda parte da obra: Manmachine Interface.
De sobras é coñecido xa Masamune Shirow, un autor que se prodiga pouco, pero que, cando o fai, presenta obras da calidade de Appleseed, Orion ou Ghost in the Shell. Nesta obra, Shirow deléitanos cunha nova versión das súas obsesións: as mulleres fermosas, a maquinaria, e unha estraña fusión entre a xenética e a robótica. E todo iso cun trazo irrepetible.
"Se tedes a antiga versión, aquí poderedes atopar as páxinas e pés de foto que foron eliminados da versión estadounidense e que tamén faltan na primeira versión española. Xa que moitos afeccionados se queixaban dese fallo, intentouse remediar o asunto, e que as páxinas a cor estivesen reproducidas coa máxima calidade, pedindo o material á editorial xaponesa. Si, é un manga que se fixo esperar, pero despois de ver os resultados, vale a pena ".
27 may 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario