30 ene. 2010

Magic Worldwake

Hoxe é a pre estrea do "Despertar del Mundo", a nova ampliación de Magic, o primeiro Xogo de Cartas Coleccionables que revolucionou o mercado en 1993 e que segue hoxe tan vixente como entón.
Nesta segunda ampliación do ciclo Zendikar volvemos ter multiestímulos (melloras gastando máis maná), Intimidar (criaturas só bloqueables polas da súa cor), Aterraxes (ao poñer en xogo terras), Trampas (que nos aforrarán maná) e Buscas (activadas tras colocar contadores), Vampiros, Kor, e Aliados.

29 ene. 2010

Domo O Manga



Autor: Tsuneo Goda
Edita: Edge Ent.
Xénero: Kodomo

O éxito deste simpático personaxe comezou cos seus numerosos curtos de pouca duración emitidos por Nickelodeon no 2008. Hoxe en día xa podemos gozar do manga, un tomo único de 92 páxinas a toda cor e aínda que sen sobrecubertas, cunha impresión e calidade do papel moi boas.

Domo-kun é a mascota da cadea de televisión NHK de Xapón e aparece en moitos curtos empregando a técnica de animación stop-motion (que é a técnica de facer películas sacando foto a foto).

26 ene. 2010

Os Lobos de Moeche



Autor: Manel Cráneo
Ed: demo

Repaso a unha das páxinas máis memorables da nosa historia: a revolta Irmandiña dos zorregados campesiños de Pontedeume e Betanzos, que durante máis de dous anos tiveron en xaque aos nobres que constantemente abusaban do seu poder.

23 ene. 2010

Chaos Marauders




Autores: John Goodenough + Stephen Hand
Ed: Edge

Nesta nova versión dun vello xogo de Games Workshop convérteste nun Grande Xefe da Guerra Orco e intentarás ter o exército máis completo, con Orkoz, Goblinz, Zkaven, e enormes Máquinas de Guerra !

22 ene. 2010

Hellsing 10

Hellsing 10





Autor: Kohta Hirano
Edita: Norma

Á fin, tras 11 anos de espera, podemos completar esta serie co seu décimo
tomo, publicado en Xapón en Marzo do 2009.
Na parte final deste enfrontamento haberá sorpresas pouco predicibles,
mortes importantes, acción a cachón e o derroche de espectacularidade ao
que estamos acostumados.

19 ene. 2010

Los Días Oscuros

Apocalipsis Z: Los Días Oscuros





Autor: Manel Loureiro
Ed: Plaza & Janés

Á fin, tras ano e medio, chega a esperadísima nova novela do avogado de Pontevedra, continuando a exitosa "Apocalipsis Z" que publicase no seu día Dolmen.
Ambos os dous libros son autoconclusivos e independentes, aínda que léndoos en orde é como realmente se logran gozar de todo.

13 ene. 2010

La Mazmorra - Crepúsculo

La Mazmorra - Crepúsculo - 105 - Los nuevos Centuriones





Creadores: Joann Sfar e Lewis Trondheim
Edita: Norma

Seguen as múltiples aventuras neste universo de fantasía medieval poboado de animais antropomórficos.
Neste caso chegamos á 5ª aventura do Crepúsculo da Mazmorra, seguindo a evolución de Marvin el Rojo e os reencontros con personaxes coñecidos.

11 ene. 2010

Novidades Xaneiro

Novidades do mes de xaneiro:



Para paliar a crise, dous clásicos españois incombustibles editados por Edicións B: Super Lopez + Mortadelo e Filemón.


Astiberri vai xa pola 5ª edición do "Libro dos conejitos suicidas", un clásico moderno imprescindible.

6 ene. 2010

Papel y Plástico

Papel y Plástico 1 y 2


Autor: Oscar Lombana
Ed: Astiberri

Finalizamos o ciclo de consellos para regalos nestas datas cun regalo perfecto para darlle calquera treintañero (ou que rolde dos ventimuchos aos corenta e poucos): Papel e Plástico, un recopilatorio de todo tipo de cousas míticas e entrañables que poboaron a nosa infancia nos oitenta: xoguetes, bonecos, lambetadas, series, programas de Tv, cantantes, e un larguísimo etc.

3 ene. 2010

Xogos en Familia

Xogos ideais para as reunións navideño tanto con membros moi novos como outros moi maiores, que se explican e xogan en pouco tempo e teñen moita interacción entre os xogadores.

Aventureros al Tren - Europa

De todas as versións recomendamos ésta ao ser a máis próxima e incluír un par de melloras respecto do orixinal americano. Explícase no medio minuto e remátase en menos de 1 hora, deixando un espectacular mapa de Europa enchida de fichas de trens a cor.

2 ene. 2010

Light Card Games

Xogos de cartas sinxelos, rápidos e rechamantes, recomendables para todo o mundo e que podes levarte a calquera reunión, bar, acampada ou, que en canto a cousa decaia espertarán a todo o mundo de inmediato.

- Sabotador (Saboteur)

Un xogo de taboleiro camuflado en cartas: vaite colocando túneles ata chegar a un dos posibles oros. Pero coidado, entre os traballadores ananos hai un ou máis sabotadores que intentarán evitalo custe o que custe.

1 ene. 2010

Party Games

Xogos ideais para unha festa, aniversario ou reunión de colegas en que vos queirades botar unhas risas

Hombres Lobo de Castronegro / Lupus in Tabula

Non hai mellor xogo se hai un mínimo de 8 persoas reunidas.
Repártense en segredo personaxes, entre os cales hai 2 homes lobo, que cada noite mata un aldeán. De día o pobo dialoga, todo o mundo di canto quere ata que alguén é linchado.
Dá igual que morras, saber quen é quen e ver como seguen actuando é igual ou máis divertido que seguir convencendo da túa inocencia.
Sempre quereredes botar unha partida máis.