Guion e debuxo: Mori Tokaro
Editorial: Panini
Xénero: Shonen
É unha serie de anime, creada por Hiroyuki Imaishi no estudio de anime, Gainax (tamén creador de Neon Genesis Evangelion), xunto Aniplex e Konami. A súa emisión en Xapón comezou no 2007. Existen varias adaptacións en manga, dúas películas e unha novela lixeira.
A historia do manga segue o mesmo argumento do anime, non obstante, hai varios cambios de acontecementos ademais da adición de historias pasadas que enchen varios baleiros do anime, como a relación entre Dayakka e Kyoh.
A historia sitúase no planeta Tierra, nun futuro distante e distópico onde as persoas constrúen os seus fogares e fan a súa vida en aldeas subterráneas. A causa disto viven en medo constante polos ocasionais terremotos e derrubas, que veñen sucedendo dende fai xa centos de anos.
Un día, un rapaz orfo da aldea Jiiha chamado Simón, atopa un pequeno e brillante trade mentres traballaba cavando para expandir a súa aldea; ao regresar da escavación, Kamina, un tipo que cre na existencia da superficie, persuádelle de que a unha á súa banda para atravesar o teito e abandonar a aldea.
Nese momento prodúcese un terremoto e o teito derrúbase, causado pola caída dun enorme robot.
Kamina agora está seguro de que existe un mundo sen explorar enriba deles e temerariamente empeza a enfrontarse ao robot. Nese momento, unha rapaza aparece dende a superficie cun rifle, o seu nome é Yoko, ela estivera a seguir ao robot coñecido como Gunmen.
É entón cando Simón decide ensinarlles un descubrimento que fixera: un peculiar robot a cara do cal é tamén o seu corpo, agora chamado Lagann e que posteriormente se activaría de xeito curioso.
As ganas de explorar e de saber, leváseos a iniciar unha viaxe chea de sorpresas coas cales as súas vidas darán un cambio radical.
Publicado xa en España o tomo 1 dunha serie cargada de aventura, acción e momentos picantes que lle darán un montón de xogo a esta serie que realmente promete...
21 may 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario