Autor: Manel Loureiro
Ed: Plaza & Janés
Á fin, tras ano e medio, chega a esperadísima nova novela do avogado de Pontevedra, continuando a exitosa "Apocalipsis Z" que publicase no seu día Dolmen.
Ambos os dous libros son autoconclusivos e independentes, aínda que léndoos en orde é como realmente se logran gozar de todo.
As virtudes e defectos en ambos os dous son similares: rápidos, viciosos, de estilo pouco literario pero moi directo (acorde cos tempos e o formato inicial de internet) repletos de zombies e personaxes polo que sentir moito apego.
Mentres que "Apocalipsis Z" se centraba máis no diario dun solitario supervivente fuxindo da nova praga, en "Los Días Oscuros" o mapa mundial está xa totalmente cambiado e o noso protagonista terá que enfrontarse a un inimigo máis desapiadado que os No mortos: os aínda vivos.
O maior problema desta novela é intentar estar á altura da primeira, pero incluíndo partes en terceira persoa e saltos de lugar e tempo. Os personaxes "malos" non son tan identificables e realistas como os "bos", provocando situacións pouco cribles aínda que de lectura vertixinosa.
Paga a pena compralo, e non só polo aluvión de seguidores (e copións) que provocou, cunha febre de libro zombie que empezou coa súa primeira novela pero que non parece parar: Los Caminantes, Zombie World, Apocalipsis Island, Septiembre Zombie, Lazarillo Z...
Podedes ler a primeira metade desta novela e o primeiro libro, "en estado bruto" tal como se foron escribindo inicialmente, en http://mundocadaver.livejournal.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario