3 jun 2011

La espada del inmortal

Guión e debuxo: Hiroaki Samura
Editorial: Glénat
Xénero: Seinen

En Xapón lévase publicando na revista antológica de Kodansha Afternoon KC dende 1994, e a data de 2010 xa publicáronse 27 tomos. Tamén conta con varias premios, en 1998 foi gañadora do Media Arts Awards; en 1999 foi nomeado nos premios Eisner na categoría de Mejor obra estranxeira sendo o gañador no 2000 e por ultimo en 2007 foi gañadora do Eagle Awards como mellor manga.



A historia está ambientada no Xapón da era Edo. O protagonista, Manji, é un guerreiro que ten unha gran vantaxe sobre os seus rivais: ningunha ferida o pode matar. No pasado matou outros 100 samuráis, entre eles o marido da súa irmá.Unha monxa anciá, da que se di que ten 800 anos, concédelle o don da inmortalidade mediante uns vermes chamados kessenchu, que lle curan calquera ferida e ata restauran membros amputados aínda que a amputación fora hai horas. A morte da súa irmá lévao a aceptar a misión que acabará coa súa inmortalidade: debe matar 1000 homes malvados para redimirse.

Manji crúzase cunha nova chamada Rin Asano e promételle axudala a vingar a súa familia, que foi asasinada por un grupo de expertos espadachines liderado por Kagehisa Anotsu. Anotsu matou ao pai de Rin e ao seu dojo ao completo co motivo de que o seu dojo, o Itto-ryu, baseado máis na destreza de cada un que nas técnicas, unifique a todas as escolas de esgrima do país, e xa empezou a tomar ou destruír outras escolas.

Ademais, créase outro grupo chamado Mugai-ryu e oposto ao Itto-ryu. O seu auténtico liderado e a súa motivación son un misterio, pero os seus métodos (calquera táctica que conduza á vitoria) parécense aos do Itto-ryu.

Unha serie de culto votada unha e outra vez como a favorita dos lectores que saben o que é un bo manga.

No hay comentarios:

Publicar un comentario