5 jul 2010

Novidades Xullo



Tras a enorme cantidade de novidades dos meses anteriores, este mes vén tranquilo, proseguindo con series regulares pero poucos tomos únicos.

Planeta segue traéndonos o mellor do arxentino Horacio Altuna, esta vez de novo con Carlos Trillo, para contarnos unha serie de historias arredor das máquinas que dan título ao álbum: "Tragaperras".

No "El Diablo", Brian Azzarello (100 Balas) volve con Daniel Zezelj (Congo Bill) a mostrarnos un Spaghetti Western sucio e sen concesións, como xa fixesen en "Loveless", pero esta vez con moito máis humor, violencia e sorprendentes xiros argumentales.

Tamén o nº 8 de "Pluto", en que finaliza o manga do que xa vos escribimos un longo artigo no seu día.



Norma tráenos "Lena y las tres mujeres", de André Juillard e Pierre Christin, en que volven retomar os personaxes e intereses do "Largo Viaje de Lena", esta vez nunha historia independente ambientada en Australia, pero de novo co terrorismo e os problemas de Oriente Medio como fondo.

Panini tráenos "X-treme X-Men: Paraíso Perdido", de Chris Claremont e o español Salvador Larroca, cos clásicos Tormenta e Gámbito contra o Rei Sombra, e un espectacular tomo de nada menos que 368 páxinas en tapa dura titulado "Ultimate
Galactus Trilogy", en que os Ultimates e La Patrulla-X terán que salvar ao mundo tras a anomalía aparecida na famosa rexión rusa de Tunguska.

No hay comentarios:

Publicar un comentario