8 jul 2010

V de Vendetta Absolute




Guión: Alan Moore
Debuxo: David Lloyd
Ed: Planeta

Esta nova edición é outra oportunidade de redescubrir un cómic que marcou época e que para moitos é a mellor obra do guionista británico, aínda que este posto probablemente corresponda a Watchmen.

A historia lévanos a unha Inglaterra oprimida contra a que loita o enigmático "V" no seu disfrace de Guy Fawkes, e o proceso polo que terá que pasar a nova Evey Hammond para poder enfrontarse aos opresores.

A miña parte favorita, é, sen dúbida, a historia da prisión, pero hai moitas outras partes absolutamente inesquecibles, e aínda que a estas alturas o debuxo non sexa especialmente espectacular, neste caso é perfectamente axeitado para o ambiente que se narra.

Pode que a adaptación á gran pantalla defraudase a moitos, e Alan Moore non permitiu que o seu nome aparecese nela, pero creo que dificilmente se podería adaptar mellor dadas as características do orixinal.

¿E que ten de absoluto esta edición? Pois nada menos que 100 páxinas máis que a anterior, con cores melloradas, contraportadas, bosquexos expandidos e páxinas inéditas sen diálogos realizadas no seu día por David Lloyd.

No hay comentarios:

Publicar un comentario