31 jul 2010

Starcraft II


Xa analizamos os cómics e o xogo de mesa baseado no Starcraft. Pero é que tras 12 anos dende que saiu a primeira parte, á fin podemos gozar do xogo máis agardado da historia (xunto ao Diablo 3, tamén de Blizzard). O seu desenvolvemento custou máis de 100 millóns (custeados a base de cotas mensuais do World Of Warcraft), que recuperaron directamente no primeiro día de venda (27-07-10), unha terceira parte dos cales foron por descarga dixital. Conseguiu un 97 en Metacritic, alzándose como o Xogo con millores críticas da historia do Pc, por enriba de Bioshock ou Half Life 1 e 2. Pero... tan bo é ?

A segunda parte do Starcraft volve presentarse como unha xogo de estratexia en tempo real (como Age Of Empires, Warcraft ou Command & Conquer), nun ambiente futurista coas tres razas orixinais enfrontadas entre si para conseguir os minerais e o gas necesarios para desarollar e vencer os seus inimigos.


Esta primeira entrega, "Wings Of Liberty" céntrase nos humanos (Terran) e a escalada de Jim Raynor para derrocar o emperador Arcturus Mengsk antes de que La Reina de Espadas, Kerrigan, acabe con toda a humanidade. A segunda entrega, sairá dentro de ano e medio, e centrarase nos Zerg, sendo a última a dedicada aos Protoss.

A longa campaña dun xogador abrangue máis de 20 horas de xogo, 30 misións (con 4 misións Protoss opcionais), 20 cinemáticas Full Motion Video, heroes únicos, melloras en unidades, aluguer de
mercenarios, decisións que inflúen no resto do xogo, e mesmo un matamarcianos en clásico scroll vertical.


O modo multixogador si permite escoller calquera das tres razas, aconsellándose finalizar primeiro os retos incluídos para familiarizarse coas novas unidades, os seus pros e os seus contraás. É moi de agradecer o sistema de rankings implementar no novo battle.net que permite enfrontarse sempre a xogadores do teu mesmo nivel.

O editor de mapas é super potente e permite compartir todo tipo de xogos, co que veremos novos desenvolvementos de clásicos como Defense Of the Ancients (DotA) ou "Tower Defense", pero poden mesmo facerse mods máis avanzados con novas criaturas e formas de xogo.



Pros:
- A jugabilidad de sempre pero afinada e axustada.
- Dificultade axustada en todo momento á túa capacidade.
- Gráficos mejoradísimos pero sen que che pida maquinón.
- Cinemáticas contínuas e dun nivel igual ou superior ás de Square Enix.
- Tradución total ao castelán de todo (TODO!) o que oes e escoitas.
- As misións son variadas, divertidas e sálvanse automaticamente cada
certo tempo.

Contraás:
- Non poderás deixalo ata que te remates a campaña.
- Non é un xogo nin rompedor nin innovador.
- Seguimos con límites de recursos e unidades.
- Hai que ter conexión a internet para poder xogar.
- O xogo non é en 3 D total, non hai rotación nin zoom.
- Costa 60 € (44 € en )
- Toca esperar ao 2012 para ver como segue a historia.

1 comentario: