Autor: Uwe Rosenberg
Ed: Homoludicus
Se aquí a páxina principal de xogos de mesa é http://www.labsk.net
A principal a nivel mundial é http://www.boardgamegeek.com
Dos centos de miles de xogos na súa base de datos, hai 30.000 con puntuación, e dende o ano 2.002 só houbo un xogo capaz de desbancar a "Porto Rico" do máis alto do ranking: "Agrícola".
Como pode chegar tan arriba un xogo en que non matas zombis nin dragóns nin consegues grandes tesouros nin conquistas o mundo ??
Pola forma en que se leva o grande abano de posibilidades que temos ante nós: O xogo vén con 170 traballos e 140 adquisicións das cales se reparten inicialmente 7 a cada xogador cos que ir decidindo que facer en cada quenda para ir mellorando a nosa granxa ata que sexa a mellor na última quenda. Haberá que pescar, arar, cultivar, recolectar, alimentar, construír, reformar...
E o mellor é que a versión que nos trae Homoludicus vén con figuras de animais e versión reducida para familia e persoas non tan xogadoras, redondeando de todo un xogo xa de por si o suficientemente atractivo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario