24 jul 2010

HysteriCoach



Creador: Walter Obert
Edita: Edge

Tras a vitoria de España no Mundial, desatouse aínda máis o furor pola vermella e o deporte rei.
Pero como encher o oco ata que comece a liga ?
De que falar cos colegas nas próxima reunión da súa casa, en que ademais están as respectivas noivas ?
Edge tráenos a solución: HysteriCoach, un Party Game para pasalo pipa, aínda que non vos guste
nada de nada o futbol (como é o meu caso).
As risas, tensión, berros, e, por suposto, goles, están asegurados.



Temos un campo, unha pelota, e os xogadores nun impreso, e a un lado poñen os xogadores, que terán que mover as súas fichas para lograr marcar gol, seguindo obrigatoriamente a xogada que só coñece o seu adestrador, que está en fronte e non poderá sinalar nin dicir números nin direccións, só xesticular e dicir os nomes dos xogadores.

A edición española, totalmente redeseñada, é case tan divertida como o noso clásico futbolín, e só ten 2 problemas: é moi ruidoso, e se fai máis e máis divertido canta máis xente xogue (nin o probes con menos de seis colegas).

No hay comentarios:

Publicar un comentario