28 jul 2010

Ranx



Autores: Tamburini e Liberatore
Edita: La Cúpula

Outro clásico imprescindible en edición Integral: RANX, un xero sintético de plástico e metal que vive namorados dunha lolita sen escrúpulos nun futuro cyberpunk canalla e descarnado, pero que realmente reflicte a sociedade marxinal dos 80 en que viviron os seus autores.

O nome do cómic inicialmente era Rank Xerox, pois o seu cerebro é o dunha fotocopiadora, pero os autores tiveron que acurtar o nome ante a ameaza de demanda por parte da marca XEROX.



Esta edición inclúe todo o material do personaxe, incluíndo unhas primeiras páxinas en branco e negro inencontrables, e todo o resto da obra dun guionista que morreu nos 80 de sobredose, un mundo plasmado brutalmente nesta obra, cunha forza difícil de igualar dun debuxo hiper detallista e super musculado que pode chegar a recordarnos ao desenvolvido posteriormente por artistas do talle de Simon Bisley.

No hay comentarios:

Publicar un comentario