7 jul 2010

El Hijo de Hitler




Autor: Pieter de Poortere
Ed: Glénat

A historia non ten desperdicio: o testículo que Hitler perdeu na vida real na batalla de Somme cando aínda o chamaban "O Chillón", fixo que tivese un fillo coa enfermeira que lle atendeu, algo do que o Fuhrer non se decata ata a súa idade adulta, cando o seu único fillo está namorado dun feixón. e as cousas non farán máis que se complicar cando se decatan os aliados...

A forma en que está narrado é o habitual no autor belga: ningún texto, só debuxos de cores simples e planos con continuos xiros sempre a peor para o desastroso personaxe de Dickie (Boerke no seu idioma orixinal) ao que esta vez as súas desgracias sen fin o fan ser fillo do mesmo Hitler.

Non vos perdades as numerosas páxinas tributo a "Onde está Wally ?" en que haberá que buscar a Eva Braum ou ao vesgo coronel Claus (interpretado por Tom Cruise en Valkyria). Un álbum ideal para botarse unhas risas nestas tardes de verán.

No hay comentarios:

Publicar un comentario