14 jul 2010

A Por Ellos



Guión: Pepe Caldelas
Debuxo: Pedro Delgado
Cor: Ander Zarate

O pasado domingo a Vermella conseguiu un fito histórico ao proclamarse vencedora do Mundial de Futbol 2010 en Sudáfrica.
Para celebralo e apoiar tal logro non hai mellor forma que comprar o tomo en tapa dura editado por Panini "A por eles", produto oficial da Selección Española de Futbol.

Se hai anos gozaches con "Oliver e Benji", este cómic vaiche encantar, porque é non só futbol, tamén toda unha batalla galáctica contra monstros, robots... e mesmo clons malignos !

O estilo de debuxo, con influencias tanto do manga como da caricatura (tanto os xogadores como o adestrador son perfectamente recoñecibles) é frenético, a cor compleméntao perfectamente, e o guión nótase que o escribiu alguén tan forofo do futbol como dos cómics.

Tiven nas miñas mans os bosquexos do cómic no Salón de Barcelona, e a verdade é que Pedro Delgado é super simpático, e o produto final sen dúbida merece a pena.

No hay comentarios:

Publicar un comentario