1 feb 2010

Novidades Febreiro


PARECER É MENTIR, de Dominique Goblet: Tráxica autobiografía real con pésimos debuxos pero gañadora do Salón de Xenebra.
XBLADE tomo 2 de Tatsuhiko Ida e Satoshi Shiki: rapaza que se converte en espada e rapaz loitador. Moita, pero que moita acción.
FELON de Greg Rucka e Matthew Clark: Anti heroína sen escrúpulos en busca do botín pola que a traizoaron. Engancha.



ELRIC: Portadora de Tormentas, de P. Craig Russell: Adaptando a novela de Michael Moorcock co detallismo
habitual do autor.
JOVENES TITANES: Trampa mortal, con guións dos clásicos Sexan McKeever e Marv Wolfman: Pedirán axuda a Deathstroke para derrotar a Jericho ?
ARMY OF DARKNESS 1, de James Kuhoric e Kevin Sharpe: a primeira mini serie propia do Ash de Posesión Infernal tras cruzarse cos Marvel Zombies.



Panini - MIRROR 'S EDGE de Rhianna Pratchett e Matthew Dow Smith: Adaptación da historia de Faith e os seus corredores, do videoxogo de EA.
Glénat - ALEX MAGNUM de Genies e E. S. Abulí: Todo o material publicado dende a época de Zona 84 nun só tomo.
Dolmen - ORN 4 - Na batalla, de Quim Bou: Orn moi ao seu pesar ten que comandar unha milicia para impedir o avance invasor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario