17 feb 2010

¡Escucha esto!





Autor: Manuel Bartual
Edita: Astiberri

Como indica a portada, neste libro recompílase o mellor do blog
musical que o autor levou dende Setembro do 2007 na web de MTV
España.
Nel faise un repaso de máis cotián, próximo e costumbrista a todo o
que rodea ao mundo da música, moi na liña das creacións do xenial
Mauro Entrialgo, sempre en clave de humor para todos os públicos.

Poden atopar referencias a macrofestivais, novas tendencias, asistentes
en xeral ou a morte de Michael Jackson, pero sempre de forma que nos sentimos identificados e moitas veces virámonos nas mesmas situacións, aínda que non esteamos moi metidos no mundo da música e todo o que leva consigo. Desternillante a calquera idade.



No hay comentarios:

Publicar un comentario