5 feb 2010

Bleach



Autor: Tite Kubo
Edita: Glénat
Xénero: Shonen (manga para rapaces de 14 a 18 anos)

Comezou a publicarse en Xapón en Agosto de 2001. Tanto o anime como o manga alcanzaron un  grande éxito dentro e fóra de Xapón. No ano 2005, o manga obtivo o premio Shogakukan na categoría shonen, un dos premios máis prestixiosos, que se dá anualmente en Xapón.
Nun ranking publicado por TV Asahi sobre os cen mellores animes do 2006, Bleach alcanzou o posto sete, no 2008 foi o quinto manga máis vendido en Xapón, mentres que no 2009 foi o terceiro.

A serie segue a vida de Ichigo Kurosaki, un estudante de 15 anos que ten a facultade de interactuar con espíritos. Nunha noite, Ichigo atopa cunha shinigami (literalmente deus da morte en xaponés) chamada Rukia Kuchiki. Esta explícalle a Ichigo o que son os shinigamis así como os obxectivos que teñen. Despois da breve explicación, aparece un hollow, un espírito maligno, o cal ataca a familia de Ichigo atraído pola forza espiritual do mozo. No transcurso da loita, Rukia é ferida gravemente polo atacante, polo que decide transferir unha parte dos seus poderes a Ichigo, converténdoo nun shinigami substituto. Debido ao grande poder de Ichigo, este toma de xeito inconsciente todos os poderes de Rukia en lugar de só a metade, como ela planeara.
Tras a derrota do hollow, Rukia a vai obrigada a quedar no mundo humano ata que recupere totalmente os seus poderes.
A partir de aquí, Ichigo en compañía de Rukia, terán que enfrontarse cos hollows que aparecen no barrio, Karakura, situado supostamente en Tokyo. Co paso do tempo, Ichigo vai mellorando nas súas técnicas e aprendendo cada vez máis acerca dos shinigamis e do seu mundo, a Sociedade de Almas.

Durante esta saga, preséntanse personaxes que van resultar importantes en sagas posteriores: entre eles están Yasutora Sado (Chad) e Orihime Inoue, amigos de Ichigo, e Uryu Ishida, compañeiro de instituto que se revela como Quincy. A amizade que con Ichigo provoca que co tempo os dous primeiros obteñan ou esperten os seus propios poderes espirituais, que son non obstante diferentes aos deste.





Bleach mestura á perfección apaixonantes aventuras, combates espectaculares, misterios por resolver, secretos sen desvelar, multitude de personaxes carismáticos e oportunos toques de humor. En España acábase de publicar o tomo 34 e tamén poderemos gozar dos seus primeiros capítulos do anime recompilados en DVD por Jonu Media.
Para os máis afeccionados existe unha grande cantidade de merchandising de todos os estilos (eu teño a Ichigo no centro do meu estante Otaku ^o^).
Sen dúbida unha serie que non te podes perder.
[por Myu-chan (Bea)]

Dos 3 mangas máis vendidos, Naruto One Piece e Bleach, recomendo especialmente este, pois me resulta o máis interesante e espectacular, con diferenza.
[por Gorende (Ed)]

No hay comentarios:

Publicar un comentario