12 feb 2010

Midori





Autor: Kazurou Inoue
Editorial: Ivrea
Xénero: Shonen

Na versión ao español o manga é chamado "Midori échame una mano", aínda que o título orixinal é "Midori no Hibi", está baseado no nome da celebración tradicional xaponesa "Midori no hi" (día do verdor). A palabra "hibi" non é máis que o plural de "hi" (día), e "Midori" é a cor verde.
Rematou de publicarse en Xapón no 2004 e consta de un total de 8 tomos que xa podemos gozar completos grazas a Ivrea.

Seiji "Can Tolo" Sawamura, é un estudante de 17 anos que cursa segundo ano, cabelo tinguido de louro e adicto ás pelexas. Debido á súa conduta sempre se mantén en problemas, pero nestes, son os seus inimigos os que levan sempre a peor parte.
Seiji non está compracido coa súa vida, xa que as rapazas o temen, polo cal nunca tivo unha cita na súa vida. Tras un temerario record de 20 rexeitamentos unha noite comezouse a lamentar con que "a única noiva que tivo é a súa man dereita" e de pronto descobre que sta desapareceu e no seu lugar está unha rapaza chamada Midori Kasugano, aproximadamente do tamaño da súa man, que leva moito tempo namorada del pero non ten nin idea de como chegou ata alí. Dende ese momento, ambos os dous vivirán unha vida chea de trastornos e enredos entre os que Seiji deberá manexarse para manter en segredo a súa situación pola seguridade de ambos os dous.

"Midori échame una mano" é unha serie chea de comedia, drama e romance, perfecto para pasar un bo anaco.
[por Myu-chan (Bea)]

No hay comentarios:

Publicar un comentario