Autor: Eric M. Lang
Edita: Edge
En "Caos en el Viejo Mundo" cada xogador toma o control dun dos 4 poderes do Caos de Warhammer, enfrentandose entre eles para conseguir o taboleiro.
É máis rápido e sinxelo do que parece, o taboleiro é parecido ao de Risk Señor de los Anillos, pero as estratexias son máis variadas, e as diferentes figuras de cada exercito son unha verdadeira gozada.
Cada Dios do Caos xoga de forma moi diferente: Khorne, o guerreiro, intenta derrotar ao máximo de figuras inimigas por quenda; Nurgle, o corruptor, intenta encher coas súas figuras o máximo de rexións; Tzeentch, o modificador, cambia todo o taboleiro coas súas cartas; e Slaanesh, o tentador, busca corromper nobres.
Podemos gañar de dúas formas: por puntos de vitoria (ao controlar e asolar rexións), ou xirando as rodas do caos, cumprindo a condición particular
de cada poder: corromper unha rexión populosa, máxica ou con nobre, ou derrotando outras figuras.
Pero antes teremos que enfrontarnos a heroes, campesiños, e skaven, usando estratexicamente aos nosos acólitos para corromper e dominar, aos nosos soldados para defendelos, e aos nosos grandes demos para arrasar con todos os demais.
Do mesmo autor de dos Live Card Games (xogos de cartas No Coleccionables pero expandibles) de Cthulhu, Warhammer: Invasion e Xogo de Tronos, este aditivo e espectacular xogo de mesa entrou directamente no top dos mellores 40 xogos dos máis de 60.000 de http://www.boardgamegeek.com
+ info: http://www.edgeent.com/v2/edge_minisite.asp?eidm=138
No hay comentarios:
Publicar un comentario