Autor: Ross Campbell
Ed: Dibbuks
Zombies. Outro máis. Coma se a actual avalancha de cómics, libros, películas e todo o relacionado cos mortos viventes non fose suficiente. Hai moito, e non todo bo. Pero neste caso, como na serie "Os Mortos Viventes" de Robert Kirkman, ou a escollida este mes, "Los Abandonados" de Ross Campbell.
O autor de "Wet Moon" tráenos esas formas inconfundibles, personaxes interesantes e con vida propia que fai que os seus esforzos para sobrevivir nos cheguen moi fondo e suframos, e moito, cada vez que lles acontece algo. E dada a temática do tomo, vailles pasar, e a moitos deles.
A nova Naomi chega por fin á aldea onde vive a súa noiva Rylie para coñecer as súas amizades, pero todo se torce cando chega un estraño furacán que converte a xente en monstros sedentos de carne, e o grupo a vai obrigado a illarse e defenderse.
Aínda que o argumento non sexa moi orixinal, si o é a arrepiante forma en que está narrado, todo plasmado en sepia, gris e vermello sangue, creando un ambiente moi especial no que non faltarán escenas moi fortes, como é habitual no xénero. Recomendado, sen dúbida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario