20 feb 2010

Dixit




Autor: Jean-Louis Roubira
Ilustracións: Marie Cardouat
Edita: Morapiaf

Dixit gañou o Premio do Público no Festival Internacional de Xogos Córdoba 2009 e o JdA 2009 ao Xogo de mesa do Ano en España.
Merecidos premios para un Party Game diferente, especialmente enfocado a desenvolver a creatividade.

En Dixit hai 84 cartas con preciosas ilustracións surrealistas que lle dan un aspecto único ao xogo. Temos 6 en man, e cada quenda un "conta contos" di unha frase, escolle unha carta, e cada xogador dálle a que máis lle evoque a devandita frase, mestúranse, e os xogador non narradores intentar acertar a carta descrita por o conta contos.
Os que acerten gañan 3 puntos, e o narrador tamén a non ser que ninguén ou todos a adiviñen, co que o conta contos gana 0 puntos e o resto 2.
Se non es o narrador e alguén vota a túa carta, ganas 1 punto.
O primeiro xogador que chegue a 30 gaña, e podemos volver empezar con outro conto.


Pros:
O conta contos ten que recorrer a enxeño, psicoloxía e oratoria para que a maior parte de xogadores adiviñen a súa carta, pero non todos.
Cada carta está chea de detalles, e cada xogador atopará novas formas de xogalas cada vez.
Ideal para que participe xente á que non lle gustan os xogos.

Contras:
Non hai moitas risas, e se pode fai algo lento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario