13 feb 2010

Dominion: Intriga



Dominion: Intriga é unha expansión independente de Dominion, que permite ampliar o nº de xogadores de 4 a 8, e trae todos os Tesouros e Vitorias necesarios para xogar sen ter o orixinal, pero todos os demais sets son completamente novos, por se se desexa mesturalos co orixinal.

Unha das partes máis divertidas dos Xogos de Cartas Coleccionables como Magic é a creación dun mazo personalizado que poidas logo probar contra os teus adversarios.
Dominion baséase en crear ese mazo pero sen ter que comprar sobres nin aprender regras e reler cartas para saber que facer.

Escolles 10 sets de cartas da caixa, e a xogar. 2 minutos de explicación, media hora de xogo, e a adicción está asegurada.

As novas cartas aumentan en boa medida dúas cousas que non estaban tan presentes no orixinal: a interacción entre os xogadores, e os posibles usos de cada carta, a engadir con usos alternativos, novas cartas de ataque, e máis cartas que nos dan puntos de vitoria sen ser un peso morto no noso mazo.

Aínda que sexa un pouco máis refinado e con máis opcións, é o mesmo xogo doado de aprender e gozar, perfecto para introducir calquera familiar, rapaz, parella ou persoa reticente a xogar, a empezar a divertirse neste fantástico mundo dos xogos de cartas non convencionais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario