9 feb 2010

Fiz nos Biosbardos


Autor: Kiko Da Silva
Edita: BD Banda

Un dos personaxes máis populares da segunda etapa de "Golfiño", o suplemento infantil semanal da "Voz de Galicia".
Fiz é un neno extraordinariamente imaxinativo, e capaz de auténticas proezas sobrehumanas no manexo dos mocos.

Unha especie de mestura de Dr. Slump e Shin-chan, o autor en principio quería facer unha especie de Little Nemo en que toda a historieta fose na imaxinación de Fiz, que só sairía ao final, pero o personaxe pouco a pouco foi creando o seu propio enchido de referencias escatológicas tremendamente divertidas para todos os
públicos, coas eternas bromas de mocos-caca-pis, pero a un nivel no que é imposible non (son)reir.

Podes seguir a Kiko Dá Silva no seu propio blog: http://kikodasilva.blogspot.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario