8 mar 2011

Novidades Marzo



Planeta pon na portada das súas novidades o "Green Lantern" de Geoff Johns co reclamo da estrea estival do filme protagonizado por Ryan "Buried" Reynolds. Debuxa Carlos Pacheco, entre outros.
Del aluvión de novidades DC do mes destaco a do inicio en "Hellblazer" da etapa de Jamie Delano (pre Animal Man), escollido polo propio creador do personaxe, Alan Moore.
Glénat vístese de longo coa edición de mega-luxo do "Tercer Testamento", dos franceses Alex Alice e Xavier Dorison, mesturando historia, loitas, persecucións, segredos, templarios e inquisición.



Panini publica a adaptación dunha das miñas series de TV favoritas: "True Blood". E son aínda máis mediocres que os libros, que xa é dicir. Gozade dos capítulos na vosa pantalla e se queredes vampiros mellor lede as nosas recomendacións sobre o tema.
A outro nivel moi superior está "Acabado", o 6º tomo que pecha a etapa de Frank Miller en Daredevil. O debuxo non é tan rompedor como o guión, pero, simplemente, hai que telo.
Norma tráenos "Universe", un título entroncado con Darkness e Witchblade que pode ser gozado independentemente por calquera fan dos demos xurdidos da mente de Paul Jenkins e o retorcido e detallado debuxo de Clayton Crain.

Os pdf con todas as novidades pódelos ver ou descargar de:
http://es.scribd.com/doc/49089813/HOJA-NOVEDADES-marzo
http://es.scribd.com/doc/49319445/Novedades-Glenat-Marzo-2011-Castellano
http://www.paninicomics.es/PortletCMS/servlet/DownloadResourceServlet?id_file=284
http://www.normaeditorial.com/novedades/Marzo11.pdf
[Edu Gorende]

No hay comentarios:

Publicar un comentario