24 mar 2011

HELLBOY Integral



Autor: Mike Mignola
Edita: Norma

Vale, si, recoñézoo: non me gustaba Mike Mignola. Xa o dixen. Parecíame demasiado simplista, eslamiado, e escuro pero por vago, non por crear ambiente. Vale, si, "Batman Luz de Gas" non estaba mal, pero nin os seus superheroes nin as súas adaptacións de Drácula, Aliens ou Fafhrd e o Rateiro Gris me agradaron en nada. Todo o contrario. Pero claro, entón creou Hellboy. E todo cambiou. Aí sí encaixaba todo á perfección, unha forma de narrar completa chea de pulso e potencia, cunhas historias que se nos meten moi dentro e uns personaxes tan carismáticos que aínda en mans doutros autores e con todos os cruzamentos e spin-offs que tiveron seguen tan vivos como en mans do seu creador.
E no medio de todos eses nazis, espíritos, bruxas, monstros, castelos, ruinas, AIDP e compañía, o noso demo vermello favorito (nada que ver co de Mauro Entrialgo), coa soa presenza do cal levanta ata a tumba máis decrépita.
Agora como colofón temos a Edición Integral. Xa non hai escusa para telo todo xuntiño e no mellor formato posible. A qué esperas ?
Como comentario adicional engadirei que Hellboy para min foi a mellor adaptación do noveno á sétima arte ata que chegaron Sin City e 300, e que a súa menosprezada 2ª Parte me parece a mellor película de Guillermo del Toro, se nos centramos exclusivamente no apartado
visual.
[Edu Gorende]

No hay comentarios:

Publicar un comentario