Non me gustan os encrucillados. E non me gusta o Scrabble. Nin, en xeral, os xogos de montar palabras. Por iso achegueime con escepticismo a Bananagramas. E cual foi a miña sorpresa ao descubrir que canto máis xogo, máis me gusta. Só hai que montar palabras como nun encrucillado: De esquerda a dereita e de arriba a abaixo. Pero a GRANDE diferencia con outros xogos do estilo é que se xoga en tempo real sen esperar aos outros xogadores, podendo reordenar todo o que tes (ou parte) en calquera momento, o que che facilita moita máis liberdade de movemento, pensamento e xogo, sen paróns nin análise parálise. É doado de explicar mesmo para non xogadores, se che gusta podes botar varias partidas e se non pois tampouco perdiches tanto tempo. Unha refrescante sorpresa do máis recomendable.
- Pros:
Portátil (a simpática bolsa en forma de banana cabe en calquera sitio)
Rápido (un cuarto de hora por partida, ideal mentres esperas)
Ampliable (poden xogar de 1 a 8 e é igual de divertido)
Varias Formas de Xogar (bo, é a mesma, pero aconséllanche regras a poñer e quitar)
- Contras:
Non hai interacción (só ao obrigar a coller 1 letra)
20 euros é un pouco caro por 144 pezas e a súa bolsa.
É de palabras.
[Edu Gorende]
No hay comentarios:
Publicar un comentario