Autor: Frank Miller
Edita: Norma
Norma publica en 2 volumes a edición Integral da obra cumio de Frank Miller (sen menosprezar 300, Dark Knight ou Elektra Assassin), un cómic que merecía tela tras os distintos formatos en que a editorial a publicou no pasado.
Cun absoluto branco ou negro sen grises nin trazos que marcou época e influíu dende Jim "Deathblow" Le ata Yukito "Alita" Kishiro, vanse entrelazando as historias dunha cidade repleta de personaxes carismáticos, únicos, e moi ao límite, formando unha saga imprescindible en calquera comicoteca.
Neste primeiro volume inclúese "El Largo Adiós" (o meu cómic-book favorito, xunto a Watchmen), "Mataría por ella", a primeira aparición de Dwight, "La Gran Masacre" que fai honra ao seu nome, e "Ese Cobarde Bastardo", considerada pola crítica a mellor de toda a serie.
Considero á película codirixida por Robert Rodriguez como a mellor adaptación do noveno á sétima arte, pero mellor obviemos o que se intentou facer logo na pésima "Spirit".
[Edu Gorende]
No hay comentarios:
Publicar un comentario