23 mar 2011

Al 3er Dia




Autor: Enric rebollo
Edita: Glénat

Ao cada vez máis saturado mercado da temática zombie chega outro intento de facer algo novidoso e orixinal, esta vez do politicamente incorrecto Enric rebollo, o autor de "Arsesino: de Terrorista a rei de España".

O argumento trata de que o único ser que queda aínda vivo é Jesús, que usará os métodos máis violentos e brutais para acabar coa praga zombie de Barcelona, ata se xuntar coa súa filla para intentar repoboar a zona e manter a raia (nunca mellor dito) a infección, seguido de preto polos seus catro amigos/discípulos.
Completa o tomito as 5 previsibles páxinas de "1 Día na vida dun Zombie" e uns cantos bosquexos.

O debuxo e a cor son máis que correctos, pero a historia aínda que entretén e non deixa monicreque con cabeza non chega nin para sorrirse por moito que o intente o seu autor a base de atentar contra todo tipo de tabús e estereotipos. Se a vós vos fixo máis chiste que a min, podedes dicirllo directamente en http://rebollismo.blogspot.com
[Edu Gorende]

No hay comentarios:

Publicar un comentario