Guión e Debuxo: Ramón Marcos
Cor: Jorge Castelli
Edita: O Patito Editorial
"Os Espíritos Azúis", cómic impreso en Cabanas e editado pola santiaguesa editorial "El Patito", supón a primeira aventura de Silvana, a Filla do Explorador, aínda que nesta viaxe a acompaña o seu tío, outro intrépido personaxe de armas tomar, e non o seu pai, que os espera en Sumatra mentres Silvana e o tío Hércules pasan todo tipo de peripecias en Exipto, cheo de misticismo, aventuras, e, por suposto, espíritos.
Ramón Marcos, que naceu en Lugo en 1962, pero reside dende hai anos en Valencia, é coñecido principalmente polo seu cómic "Opium", e as aventuras de Silvana, coa cor de Jorge Castelli, farán
gozar os exploradores de todas as idades, especialmente os interesados no paranormal, aínda que nesta ocasión non sexan momias o que aparece na escavación.
[Edu Gorende]
No hay comentarios:
Publicar un comentario