Guión: Marcos Prior
Debuxo: Danide
Edita: Glénat
Cóllase a actual crise a todos os niveis, cos monicreques de onte, hoxe, mañá e sempre, as situacións que se non vivimos podemos intuír e tras metelo todo nunha formigoneira xigante se envorque provocando unha tormenta afiada, ácida, disparatada, irreverente e cambiante. Nin así se achega un a explicar todo o que é Fagocitose, un cómic que causa loanzas en todo o que o le, como podedes comprobar directamente dende os links dos blogs de ambos os dous autores:
http://marcosprior.blogspot.com
http://danidevisualbasic.blogspot.com
No meu caso recoñezo a habilidade de adaptación do debuxo a cada páxina (para mostra o botón das tres superiores), e a orixinalidade da proposta en todas as súas dimensións. Pero ao haber tanta referencia, disparo con saña e retorcemento de gag con mala uva, hainos máis e menos acertados, identificables, divertidos, chocantes, e/ou sobresaíntes. Sorprender, sorprende, que non é pouco. Pero a min non me remata de parecer redondo. Probablemente porque tal amálgama xamais o pretendeu. O meu consello, malia todo, é que polo menos hai que probalo para poder opinar.
[Edu Gorende]
No hay comentarios:
Publicar un comentario