Con todo o que está a pasar en Xapón é interesante falar de "Tokyo Magnitude 8.0", un Anime de 11 episodios dirixido por Masaki Tachibana e escrito por Natsuko Takahashi, que tras decatarse de
que había un 70% de posibilidades de que sucedese un terremoto como mínimo de categoría 7.0 na escala de Richter (ao final foi de 8.8), estudou as posibles consecuencias, entrevistou xente afectada por terremotos anteriores e intentou plasmar todo iso da forma máis realista posible.
O resultado pareceuse escalofriantemente ao acontecido, aínda que na súa primeira parte se centra no caos e a segunda metade da serie se centra máis na protagonista e como perdeu todo, tendo partes demasiado lentas e non tan realistas.
[Edu Gorende]
No hay comentarios:
Publicar un comentario