Guion e debuxo: CLAMP
Editorial: Norma
Xénero: Seinen
Comezou a editarse en Xapón en 2003. Tamén hai unha película publicada en Xapón en 2005 e debido ao éxito comezou a adaptarse no 2006 nunha serie anime de 24 capítulos. Ao final a realizo unha segunda tempada de 13 capítulos no 2008.
A historia trata dun rapaz novo chamado Kimihiro Watanuki cun maldito regalo. El ten a habilidade de ver espíritos malignos, e dalgún xeito parecen atraídos por el.
Un día coñece unha misteriosa muller que se nomea a si mesma Yuuko. Ela di ter os medios para poñer fin ao seu tormento, pero nunca traballa gratis.
Así que o comeza a traballar para ela na súa tenda, ata que considere que cos seus servizos a chegado a cubrir ese pagamento. Pero sería o comezo de todo no momento que descobre que nese lugar nada é o que parece.
Unha historia onde atoparemos un montón de misterio rodeado de espíritos con toques de humor. Algo que non pode deixar pasar calquera persoa que lle interese un mínimo as historias de ocultismo.
En España xa podemos gozar do tomo 17, así que... non o deixedes escapar!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario