10 feb 2011

Red



Red o cómic orixinal é outra das marabillas xurdida da inqueda mente do prolífico e transgresor Warren Ellis, autor de series tan imprescindibles como Transmetropolitan, Planetary ou Fell, e tomos tan impactantes como Black Summer, No Hero ou Black Gas. O retorcido protagonista esta vez é un axente retirado ao que non lle deixan tan en paz como quixese... e as terribles consecuencias que sufrirán todos os que lle impiden seguir retirado pero vivo.Como é habitual no autor, o cómic é violento, escuro (grazas á axeitada arte de Cully Hamner) e non deixa de sorprender nin enganchar ata a última páxina. O debuxo de Muy recomendable para amantes de thrillers, espionaxe e/ou conspiracións.

RED a película conta cun magnífico elenco de actores, encabezados por un Bruce Willis que me encantou na menosprezada adaptación do cómic "Surrogates", que a moita xente decepcionou por esperar un filme con moita máis acción. Esta vez si hai emoción a cachón, pero a similitude co cómic remata antes que os flocos de millo: hai tiros, un prota calvo, e unha portada vermella en tres paneis. O resto non ten nada que ver. Mentres que o cómic é serio, frío e solitario, a adaptación cinematográfica está repleta de humor, explosións, e se engaden outros tres axentes encarnados por por nada menos que Morgan Freeman, Helen Mirren e John Malkovic (sen dúbida, o meu personaxe favorito dos catro), aos que acompaña unha despistada Mary-Louise Parker para completar o grupo. O director Robert Schwentke (autor tamén da adaptación de "A muller do viaxeiro no tempo") soubo manter o ritmo, as gargalladas e as sorpresas, asi que esquece do cómic e goza.

RED: precuelas, editado tamén por Norma, son 4 historias independentes da época en que os protagonistas da película estaban en activo. Os autores son todos diferentes (os orixinais non participan en ningunha delas), e aínda que o ton se achega máis ao cómic orixinal que á película, e haxa basante xente máis que contenta co resultado final, a min fánseme demasiado sosas, faltas de forza, e un conxunto prescindible e máis ben tirando a mediocre.

No hay comentarios:

Publicar un comentario