14 feb 2011

San Valentín en Xapón

Hoxe pareceume boa idea explicarvos brevemente como se celebra este data en Xapón. Ademais para os seguidores de manga ou anime, sobre todo shojo, axudáseos a entender moitas circunstancias que aparecen nestes xéneros.  A parte, creo que é bo tanto para uns ou para outros coñecer outras culturas. ^.^

O Día de San Valentín é unha celebración na que os namorados, noivos, esposos ou amigos expresan os eus sentimentos mutuamente. Isto pasa na maioría dos países occidentais, pero en Xapón é diferente. Empezouse a celebrar dende o ano 1936 e a compañía que iniciou este costume foi a empresa de doces Morozoff, e son as mulleres as que regalan chocolates aos homes que poden ser noivos, futuros noivos, esposos, amigos ou compañeiros de traballo. Hai varios tipos de regalo, é dicir, de chocolates:




  • Honmei choco (chocolate verdadeiro): Regálase á parella ou ao noivo, á persoa que se quere de verdade. Algunhas rapazas compran chocolates caros e algunhas preparan elas mesmas o regalo comprando os ingredientes.
  • Giri choco (chocolate de obriga): Este chocolate regálase aos amigos, pais, irmáns ou compañeiros de traballo, e é máis ben un chocolate barato.
  • Tomo choco (chocolate de amizade): Este chocolate é o que se regalan os nenos e nenas nas escolas, e hai colexios que permiten facer este "regalo de amizade".
  • Fami choco (chocolate para a familia): É o chocolate que se regala aos membros da familia, pais, irmáns, fillos.
  • Sewa choco (chocolate de agradecemento): Chocolates ás persoas que nos fixeron un favor, profesores, compañeiros...
  • Gyaku choco (chocolate "ao revés"): É o chocolate que regalan os homes ás mulleres, por iso, como poderán ver, as letras están ao revés ... para rirse, ¿non?


Os rapaces non teñen ningunha obriga ata o día 14 de Marzo (Día branco) cando teñen que devolver o regalo en forma de chocolate branco.

A pesar da diferenza no xeito de celebralo, ao final en temas comerciais é o mesmo vaias a onde vaias. Aínda que é unha festa para pasalo ben e saber que a xente che aprecia ou demostrarllelo o teu, así que paga a pena, ¿non? Feliz San Valentín a todos! ^o^

No hay comentarios:

Publicar un comentario