O debuxante Dani Montero (Catoira 1977) conseguiu con "Sen Mirar Atrás" o Premio de Banda Deseñada Castelao no seu 5º certame, e podemos gozar grazas á Editorial Demo e a Deputación da Coruña dunha edición ampliada con explicacións, bosquexos e
debuxos engadidos doutros autores.
O debuxo case bosquexado componse de grandes viñetas a base de trazos lixeiros e sombras compactas, con algún escaso apuntamento de vermello, e da mesma forma vaise desenvolvendo a historia que se nos narra, de forma áxil, distendida, inocente, pero con tinguiduras cada vez máis dramáticas, máis terribles, e chegando a momentos crueis que nos doen aínda máis porque son tan inesperado como o xiro final.
Esperamos impacientes novas creacións do novo pontevedrés, que continúa enfrascado en múltiples proxectos http://danimontero.blogspot.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario