5 feb 2011

Dark Heresy

Dark Heresy é un xogo de rol editado por Edge Entertainment situado no universo de Warhammer 40 K. Os xogadores asumen o papel de acólitos ao servizo do Emperador nun mundo escuro.


O libro básico é dunha calidade sobresaínte. A portada é fantástica e nas contraportadas reprodúcense unhas preciosas cartas estelares. Entre cada capítulo insírese unha ilustración de grande tamaño que axuda visualizar o universo gótico do xogo, o que unido ao anterior fai que Dark Heresy sexa un dos manuais máis bonitos que viu.

A ambientación céntrase en servir ao emperador e manter a paz no seu dominio. O sistema de regras transmite o carácter brutal do universo de WH40k, e se non se vai con coidado, os personaxes poden levar máis dun susto.

O que xa non me gusta tanto do xogo é que se centren exclusivamente nos inquisidores. O universo de WH40k é moi amplo, pero quizais se podería optar por un sistema de creación de personaxes máis xenérico en vez dun baseado en clases, para ampliar así as opcións dos xogadores.

O manual inclúe unha aventura introdutoria, o que é de agradecer para coller o ton da ambientación. É moi sinxela e bastante lineal, o que pode ser bo para os xogadores noveis, pero que en cambio me pareceu un tanto enlatada para o meu gusto.

En resumidas contas, Dark Heresy é un bo xogo de rol baseado dun dos aspectos do impresionante mundo de WH40k. Se che gustaron as novelas de Dan Abnett Eisenhorn, estarás ante o teu xogo.

Outra cousa, o manual non é moi barato (49,95 €), polo que deberías ter presente os aspectos positivos e negativos antes pensar en mercarlo ou non.

No hay comentarios:

Publicar un comentario